Destino Tokyo
Árbitros Monforte 06/05/18
CTO. PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR FREE -CORUÑA- 21/04/18
CTO. PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR FREESTYLE -PONTEVEDRA- 22/04/18
Escolar Autonómico Técnica
MONFORTE
ORGANIZA O CLUBE NEKA
DOMINGO 06/05/2018.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA
DATA: DOMINGO, 06/05/2018.
LUGAR: ORGANIZA CLUBE NEKA. MONFORTE DE LEMOS. PAVILLÓN DA PINGUELA.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SOLO NO AUTONOMICO CON DNI OU PASAPORTE ORIXINAL. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero quedará descalificado
VER HORARIOS E SORTEOS NO SEGUINTE ENLACE:
https://www.dropbox.com/sh/skav81ziq28j386/AABidb1bmTbV3z3_U15BIQoxa?dl=0
Itinerario Zamora
ITINERARIO PARA OPEN DE ZAMORA
Saída venres 4/05/18 – Regreso o sábado ó remate da competición
SANTIAGO (Parada Hipercor) - 06:30 h.
RIVEIRA (Ximansio Natural Sport) - 07:30 h.
BOIRO (Espiñeira) - 07:45 h.
PONTEVEDRA (Avda. de Marín) - 08:30 h.
VIGO (Plaza de España) - 09:00 h.
OURENSE (Rotonda O Couto) - 10:00 h.
CTO. PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR TÉCNICA -CORUÑA- 21/04/18
CTO. PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR TÉCNICA -PONTEVEDRA- 22/04/18
Tecnificación infantil 05/05/18
Tania Castiñeira, ouro na Copa Presidente de Atenas
Rematou a Copa Presidente de Atenas e non o puido facer de mellor maneira para Galicia. Tania Castiñeira (Hebe), a nosa última representante neste prestixioso torneo (clase G-2), logrou a medalla de ouro no peso pesado da categoría júnior feminina e ademais acadou a clasificación para o Campionato de Europa sub 21.
Tania estivo espectacular, vencendo en todos os seus combates con folgura. Comezou a súa marcha pola President Cup contra a grega Eirini Tsogka e venceu cun contundente 17-5. En segunda rolda esperaba a turca Dilara Arslan, que está clasificada para os Xogos da Xuventude. Pero Tania seguiu intratable e gañou por 16-4. Nos cuartos de final, a rival era a rusa Linara Muslimova e novamente control absoluto da deportista do Hebe que se impuxo por 9-3. Na semifinal, Tania impúxose a Sevasti Gavriilidou (Grecia) por 11-4. E rematou a súa actuación en Atenas, co quinto e último combate fronte a Tuba Donukara (Turquía) a quen venceu por 6-2.
Así, pechouse para Galicia a Copa Presidente de Atena co ouro de Tania Castiñeira e os bronces dos cadetes Julián Feijoó (Couto) e Cloe Iglesias (Patiño).
More...
Circular 11/2018. Cpto. Escolar de Exhibición
Circular 10/2018. Cpto. Escolar de Combate
Sara García na Presidents Cup de Grecia
Sara García disputó la PRESIDENTS CUP GRECIA, en uno de los pesos más fuertes de la categoría femenina -57kg. Con un cuadro extenso y complicado, gana a Italia en primera ronda sin problemas. En segunda ronda , se encuentra con la ganadora del Torneo y cabeza de serie n.1 , la turca KUBRA HATICE , actual subcampeona del mundo. Mal sorteo para avanzar en el cuadro, pero bueno para ir venciendo resistencias .Sara viaja con su club DOBOK acompañada de su entrenadora y la colaboración de la Federación Gallega. Seguimos trabajando para incorporarnos a esta liga internacional, y cosechar grandes resultados .
Galicia remata o Mundial Praia con seis medallas en rompementos
Rematou o Mundial Praia de Rodas (Grecia) e fíxoo coa disputa da modalidade de rompementos na que Galicia volveu brillar. Así, a selección galega puido despedirse con seis medallas máis (tres pratas e tres bronces). Ademais, hai que destacar que Miguel Barreiro (Yidam) foi seleccionado para formar parte do equipo de exhibición da Federación Mundial do 1 de xullo ao 31 de decembro.
En Spinning Kick –rompementos de xiro vertical e horizontal- houbo dúas medallas: Manuel Paz (Hebe) foi prata e Adrián Ventín (Mace Sport), bronce. Espectacular traballo de ambos que fallaron en dúas táboas. Finalmente os xuíces puntuaron máis a Manu, pero hai que destacar a enorme potencia de Adrián.
En Freestyle Breaking -combinación de rompementos, ata dez e nun tempo máximo de 2 minutos-, tamén dobrete galego: Medalla de prata para Miguel Barreiro (Yidam) e bronce para Adrián Alonso (Yidam). Miguel estivo case perfecto –só fallou un rompemento- e a altura que alcanza da moitísima espectacularidade. Pola súa banda, Adrián Alonso tamén destacou pola potencia que ten ao facer as súas acrobacias.
En Jumping Múltiple Kick Ángel López (Mace Sport) acadou a medalla de bronce. O galego saíu a por todas e decidiu arriscar subindo a altura das táboas e, quizais por iso, fallou un pouco máis que na semifinal.
Por último, en High Kick Performance (a patada máis alta) Miguel Barreiro (Yidam), o home máis destacado do día, acadou outra medalla de prata, por detrás do coreano. Onte a altura máxima foi 2,60 metros. Hoxe partiron de 2,30 e foron subindo ata 2,65 metros.