×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Miércoles, 25 Junio 2014 10:37

ASAMBLEA XERAL DA FGT - CONVOCATORIA 19/07/2014

Written by
Rate this item
(0 votes)

DE: Juan Carlos López Eiriz. Presidente Delegado da FGT.

A: Sres. Membros da Asamblea Xeral da FGT

ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.

A Coruña, 25 de xuño de 2014


Estimado señor:

Pola presente teño o pracer de convocalo á reunión de carácter extraordinario da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro día 19 de xullo de 2014 no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en  San Lázaro, Santiago de Compostela, dando comezo ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1.- Comprobación de quórum.

2.- Aprobación do Regulamento Electoral da FGT para o posterior envío á
Secretaría Xeral para o Deporte quen deberá ratificalo definitivamente ou suxerir os cambios precisos para adaptalo á norma vixente que regula os procesos electorais das federacións deportivas galegas.

3.- Aprobación por parte da Asamblea para facultar á Xunta Directiva da
FGT a introducir as modificacións no Regulamento Electoral que suxerira a Secretaría Xeral para o Deporte tra-la revisión do mesmo, se así o indicara, sen necesidade de convocar novamente unha reunión da Asamblea Xeral.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.

Asdo. Juan C. López Eiriz.

Read 585 times

Leave a comment

Make sure you enter all the required information, indicated by an asterisk (*). HTML code is not allowed.