×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Lunes, 28 Septiembre 2015 00:00

Circular 25/15. Copa Deputación e Xunta de Galicia.

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 25/2015 

ASUNTO: COPA DEPUTACIÓN E XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA

Fases Provinciais - Infantís e Adultos E AUTONÓMICA 

DESTINATARIO: TÓDOLOS CLUBES E XIMNASIOS.

Pola presente convócase a tódolos clubes das provincias para a celebración da COPA DEPUTACIÓN DE TAEKWONDO – FASES PROVINCIAIS Categorías Infantil e Adultos. 

NOTA IMPORTANTE.- A INSCRICIÓN ABRIRASE O MARTES 06/10/2015. OS COMPETIDORES PARTICIPARÁN NA COPA CO GRAO QUE CONSTE NO SISTEMA Ó VENRES DÍA 2 A MEDIODIA. NON SE ADMITIRAN CAMBIOS DE GRAO QUE NON ESTEAN CORRECTAMENTE TRAMITADOS ANTES DAS 13.00HR DO XOVES DÍA 1.

 CELEBRARASE O 24/10/15 EN A CORUÑA, LUGO E OURENSE E O 25/10/2015 EN PONTEVEDRA.

A competición desenvolverase seguindo a normativa aprobada en Asamblea Xeral de 13 de febreiro de 1999, incluíndo a non limitación de participantes. Están vixentes as modificacións aprobadas na Asamblea Xeral de febreiro de 2003:

A competición desenvolverase seguindo a normativa aprobada en Asamblea Xeral de 13 de febreiro de 1999, incluíndo a non limitación de participantes. Están vixentes as modificacións aprobadas na Asamblea Xeral de febreiro de 2003:

  • Non haberá nas fases provinciais entrega de medallas, sustituíndose éstas por un agasallo da FGT a todo-los participantes.
  • A COMPETICIÓN PROVINCIAL É CLASIFICATORIA PARA A FASE AUTONÓMICA NAS 4 PROVINCIAS (TAMÉN EN PONTEVEDRA). PASARÁN 1/3 DOS PARTICIPANTES REAIS OU 1/3+1 SE O TOTAL NON É MÚLTIPLO.
  • Non haberá cómputo de clasificados por clubes, por ser esta unha competición de carácter individual e de promoción do Taekwondo entre os nosos afiliados.

Ademáis teranse en conta as modificacións aprobadas en reunión da Asamblea Xeral do 7 de febreiro de 2004.

 

  • Tanto nas categorías de adultos coma na infantil (A, B, C, D, ...) haberá unha subcategoría a maiores para que participen os medallistas en Campionatos Galegos segundo a categoría de idade da que pertenzan. A participación nestas categorías será individual, ó igual que nas demáis.
  • Nas categorías “D” e “E” infantís participarán por separado nenos e nenas.

 

Poderán participar tódolos deportistas federados pertencentes a clubes dados de alta e que estean ó corrente das súas obrigas coa Federación Galega de Taekwondo.

 

Os organizadores das fases provinciais deberán de comunica-los resultados da competición no luns seguinte á celebración á FGT (POR MAIL) e ó organizador da fase autonómica (Club Moo Duk Kwan – Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. - de VILALBA que se celebrará pavillón municipal de VILALBA (Lugo) o 07/11/2015. A omisión de ditas comunicacións implicará a imposibilidade de participar na COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA.

 

As inscripcións deberán de ser cursadas (ANTES DAS 13.00 horas DO MÉRCORES 14 DE OUTUBRO) a través da aplicación web. Cada clube deberá custodiar as autorizacións paternas dos competidores, que deberá poñer a disposición da FGT se fosen requeridas.

NON ESTÁ ACTIVADO O FILTRO DE GRAO POLO QUE PREGAMOS TEÑAN EN CONTA A CIRCULAR PARA INSCRIBIR ÓS DEPORTISTAS SEGUNDO AS IDADES E GRAOS CORRESPONDENTES.

 

Este evento CELEBRARASE o SÁBADO DÍA 24 DE OUTUBRO por provincias según os seguintes datos:

 

  • PROVINCIA DE A CORUÑA – Pavillón Municipal de Porto do Son.

Ximnasio Natural Sport.

COLABORA E SUBVENCION EXCMA. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

    • PROVINCIA DE LUGO – PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.

      Ximnasio …

 

       COLABORA E SUBVENCION EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO

 

 

 

    • PRPROVINCIA DE OURENSE – PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.

      Ximnasio …

    COLABORA E SUBVENCION EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE

 

  

    • PROVINCIA DE PONTEVEDRA – PENDENTE DE CONFIRMACIÓN. - nesta provincia celebrarase o 25/10/2015.

     Ximnasio …

COLABORA E SUBVENCION EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 

As idades para participar na Copa Deputación serán:

 

Categoría Infantil:

  • Cat. A Nacidos no 2009 e sucesivos
  • Cat. B Nacidos no 07 e 08
  • Cat. C Nacidos no  05 e 06
  • Cat. D Nacidos no 03 e 04
  • Cat. E. Nacidos no 01 e 02

(Categorías “D” e “E” separados Masculino e Feminino)

 

Categoría Adultos:

  • Cat. A Nacidos do 98 ó 00
  • Cat. B Nacidos do 85 ó 97
  • Cat. C. Nacidos do 75 ó 84
  • Cat. D. Nacidos no 74 e anteriores.

 

Para calquera consulta relativa a este evento, poñerse en contacto con Dn. Noelia Pérez, Directora Técnica da FGT. Teléfono: 620550900 ou con Esperanza Meilán 600550618.

 

A Coruña, 28 de Setembro de 2015

 

                                               O SECRETARIO XERAL 

                                             Juan Carlos Caínzos Gómez

 

NOTAS IMPORTANTES – LER

 

É imprescindible que cada clube participante aporte dous árbitros que deberán inscribirse a través da aplicación web e remitir os nomes a Esperanza Meilán Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ., polo menos, para a realización deste evento, quedando excluido da participación de NON cumplir este requisito. Notifiquen o nome dos árbitros confirmando asistencia ó organizador por correo electrónico. En caso de baixa, a responsabilidade de ter sustituto é do clube participante.

Prégase a todo-los directores de clubes que manteñan unha actitude acorde cos obxetivos da actividade: de Promoción do Taekwondo, positiva, de ánimo e apoio á todo-los participantes deixando nun segundo plano a rivalidade deportiva neste evento que quere ser unha Festa do Taekwondo.

 

OS CLUBES DEBERÁN CUSTODIAR AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS DOS MENORES (ASÍ O CERTIFICAN COA INSCRICIÓN) E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE LLE FOSEN REQUERIDAS, INCLUSO DESPOIS DA COMPETICIÓN DURANTE UN PRAZO MÁXIMO DE 30 DÍAS.

 

ASUNTO: COPA XUNTA DE GALICIA DE TAEKWONDO

FASE AUTONÓMICA

TORNEO PESCANOVA DE TÉCNICA 

A FASE AUTONÓMICA – COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA – Será organizada polo clube MOO DUK KWAN de VILALBA (Pavillón Municipal de VILALBA - LUGO) O 07/11/2015.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN VER O REGULAMENTO NA WEB:

http://www.taekwondogalego.com/index.php?option=com_remository&Itemid=47&func=startdown&id=14

Read 1892 times Last modified on Viernes, 02 Octubre 2015 07:23

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.