Agora que case tod@s @s nos@s deportistas están de vacacións, temos a Irene Montemuiño, Eduardo Rejo, Cloe Iglesias, Alma Pérez, Arlet Ortiz, Pablo Patiño, Tania Castiñeira e Ana Dosil traballando moi duro durante esta semana no stage de verán da Real Federación Española de Taekwondo, que se está a celebrar no CAR de Murcia. Xunto aos nosos deportistas, o técnico da Federación Galega Raúl Bouzas, apoiando e traballando cos nosos taekwondistas. O obxectivo desta concentración de deportistas de combate das categorías cadete, júnior e sub 21, é a preparación do Europeo cadete e sub 21.
Ademais, no día de onte Alma Pérez e Arlet Ortiz loitaron pola súa clasificación para o Europeo sub 21, que finalmente foi para Alma, ao gañar esta preselección por 8-4. Noraboa para Alma e moito ánimo para Arlet!! Moi orgullos@s de ambas!!!
E no CAR de Murcia tamén se está a realizar unha concentración de taekwondistas da modalidade de técnica, que están preparar o Mundial. Representando á Federación Galega de Taekwondo están Samuel Meilán, Gabriel Tembrás, Tom Fernández e Alejandro Fernández Fernández.
A traballar moi duro!!