×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Miércoles, 18 Abril 2012 11:58

CIRCULAR 09/2012.- PREMIOS FGT 2011 TAEKWONDO GALEGO.

Written by
Rate this item
(0 votes)

Circular nº 09/2012

CONVOCATORIA DOS PREMIOS AUTONÓMICOS DE TAEKWONDO 2011

A FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO ten o pracer de envia-la convocatoria de PREMIOS AUTONÓMICOS 2011 nas categorías que a continuación se relacionan:

 

  1. Mellor Clube Autonómico 2011

1.1.    Mellor Clube 2011 Provincia da Coruña

1.2.    Mellor Clube 2011 Provincia de Lugo

1.3.    Mellor Clube 2011 Provincia de Ourense

1.4.    Mellor Clube 2011 Provincia de Pontevedra

1.5.    Mellor Clube de Base 2011.

2.1   Mellor Deportista Masculino 2011

2.2   Mellor Deportista Feminina 2011

2.3   Mellor Deportista Promesas Masculino 2011.

2.4   Mellor Deportista Promesas Feminina 2011.

  1. Mellor Técnico Deportivo 2011
  2. Mellor Árbitro 2011
  3. Premio ó “Fair Play” ou á Loita contra a Violencia no Deporte
  4. Medio de Comunicación  escrita que máis contribuía á difusión do Taekwondo
  5. Medio de Comunicación audiovisual que máis contribuía á difusión do Taekwondo
  6. Entidade Privada que máis teña colaborado na promoción e difusión do Taekwondo
  7. Clube que máis teña contribuído á promoción e difusión do Taekwondo
  8. Premio a Deputación Provincial que máis teña colaborado na promoción do Taekwondo
  9. Premio ó Concello que máis teña colaborado na promoción do Taekwondo
  10. Mencións Honoríficas
  11. Recompensas

BASES:

Poderán facer chegar propostas a esta FGT, tendo entrada necesariamente antes das 13.00 horas do venres día 27 de abril de 2012, tódolos clubes afiliados, técnicos e árbitros colexiados e deportistas federados, ademáis da propia Xunta Directiva da FGT. 

IMPORTANTE: As propostas deberán de ser debidamente razoadas enumerando os méritos do candidato/a ó premio, por escrito e asinadas polo propoñente e acreditando coa documentación precisa os premios que solicite (indicando puntuacións segundo os baremos do regulamento de recompensas no caso dos mellares clubes, fotocopias de prensa no caso dos medios de comunicación, grabacións no caso de teles e radios, apoios concretos realizados no caso de concellos ou deputacións, é decir, razoar e documentar facendo referencia dos logros e aportacións do candidato ó Taekwondo Galego). 

So se concederán recompensas segundo as candidaturas remitidas por calquera membro do Taekwondo galego, e non de oficio. 

O mellor clube 2011 será decidido en función do Regulamento de Recompensas aprobado en Asamblea Xeral de 2005, xa enviado ós clubes e que poden descargar da web da FGT www.taekwondogalego.com no apartado “Regulamentos”. 

O/a mellor deportista 2011 escollerase entre os propostos en virtude dos resultados en competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional en función do valor atribuído a cada proba polo Regulamento de Recompensas. 

O premio mellor técnico 2011 concederase entre os propostos en virtude do seu historial de 2011 que contemplará: participación en campeonatos, resultados deportivos obtidos polos seus deportistas, participación en actividades federativas, colaboración coa FGT, organización de eventos deportivos, etc 

O premio ó mellor árbitro 2011 concederase entre os propostos a aquel/a que durante o ano colaborara en actividades autonómicas, estatais e internacionais, asistira e/ou impartira cursos e seminarios de actualización e colaborara coa FGT no ámbito da labor arbitral. 

Os restantes premios concederanse entre os propostos tendo en conta o nivel de colaboración demostrado nas tarefas de difusión e promoción do Taekwondo na nosa Comunidade Autónoma. As propostas serán complementadas con dossieres informativos onde consten as actividades desenvolvidas polos candidatos e, no caso dos medios de comunicación, as fotocopias das publicacións e/ou copias dos programas emitidos no caso das entidades públicas, no dossier deben de recollerse as actuacións realizadas con datas e, de ser posible, orzamentos ou subvencións proporcionadas. 

As mencións honoríficas otorgaranse a casos particulares que pola súa peculiaridade ou relevancia non poideran ser contemplados nos supostos anteriores. 

A celebración da Gala de Entrega de Premios Autonómicos 2011 do Taekwondo Galego será comunicada próximamente. 

NOTA: Tódo-los datos aportados deben de facer referencia exclusivamente ó ano 2011.  

A Coruña, 17 de Abril de 2012

 

Read 486 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.