×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Martes, 29 Octubre 2013 11:53

CIRCULAR 28/13. CPTO. GALEGO XUNIOR 2014

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 28/ 2013

DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.

“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2014 

 

  1. 1. A COMPETICIÓN

 

1.1.            LUGAR: Polideportivo Municipal de ARTEIXO – A Coruña.

1.2.            DATA: Sábado, 16 de Novembro de 2013.

1.3.            HORARIO: A partires das 10.00 horas.

  

  1. 2. NORMAS TÉCNICAS

 

2.1.            INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2013, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións deberán procesarse pola nova aplicación web, antes das 13.00 horas do 08/11/2013. O SISTEMA NON ADMITE INSCRICIÓNS NIN CAMBIOS FORA DE PRAZO.  

FACILITARASE UN PRAZO DE CAMBIOS OU BAIXAS ATA AS 20.00 HORAS DO LUNS 11/11/13. A PARTIRES DESE INSTANTE A INSCRICIÓN DASE POR DEFINITIVA. OS CAMBIOS E BAIXAS DEBERÁN ABONAR 10EU/CAMBIO.

 


 

2.2.            GRAO MÍNIMO:

Masculino: cinto MARRÓN.

Feminino: cinto AZUL.

2.3.            DOCUMENTACIÓN:

2.3.1.      Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.

2.4.            IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 1997, 1998, 1999 e 2000.

2.5.            PROTECCIÓNS: Son estritamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans (electrónicos).

2.6.            OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.

2.7.            ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.

2.8.            UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

  

2.9.            PESOS :

CATEGORIAS               MASCULINA                                    FEMININA

Minimosca                              - 45 Kg.                                 - 42 Kg.

Mosca                                    45 - 48 Kg.                             42 - 44 Kg.

Galo                                        48 - 51 Kg.                             44 - 46 Kg.

Pluma                                     51 - 55 Kg.                             46 - 49 Kg.

Lixeiro                                     55 - 59 Kg.                             49 - 52 Kg.

Super-Lixeiro                          59 - 63 Kg.                             52 - 55 Kg.

Semi-Medio                            63 - 68 Kg.                             55 - 59 Kg.

Medio                                      68 - 73 Kg.                             59 - 63 Kg.

Semi-Pesado                         73 - 78 Kg.                             63 - 68 Kg.

Pesado                                    + 78 Kg.                                + 68 Kg.

  

2.10.        TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán.  (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

  1. 3. ORGANIZACIÓN

 

3.1.            ORGANIZA o Clube DOBOK por delegación da Federación Galega de Taekwondo.

3.2.            PESAXE: Venres día 15, provincia de:

A CORUÑA: De 17 a 18  hr.  no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo

OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 16.00 a 17.30 hr. Ximnasio Area R/ Doctor Carracido, 13. Vigo

De 16.00 a 17.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

Lembramos a todo-los clubes con sede oficial de pesaxe que segundo acordo da asamblea xeral da FGT é OBRIGATORIO que en toda-las pesaxes oficiais estean dous técnicos de diferente clube que asinen o visto e prace da pesaxe (ambo-los dous). Unha vez realizada a pesaxe, deberanse remitir de xeito inmediato as actas asinadas á FGT vía mail. Os clubes que non cumpran coas obrigas derivadas da sede de pesaxe perderán a condición de sede oficial. 

3.3.            SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. - XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.

3.4. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.

  1. 4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

4.1.            PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un clube afiliado á FGT na tempada 2013.

4.2. ÁRBITROS: TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO QUE SE INDICARÁN OS DATOS NO SISTEMA DE INSCRICIÓN, informando ó director de arbitraxe. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

  1. 5. RECLAMACIÓNS

 

5.1.            COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:

Presidente: Don JUAN CARLOS QUINTANA DOMINGUEZ.

Vocais: D. Pilar Suárez Agrasar, o Director Técnico da FGT e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

5.2.            RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do clube. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Á DIRECTORA DE ARBITRAXE.

 

5.3.            Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o importe.

 

5.4.            Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

 

AS INSCRICIÓNS DE CLUBES QUE NON FACILITARAN ÁRBITROS O DÍA DE PECHE DE INSCRICIÓN SERÁN ANULADAS. 

A ORGANIZACIÓN FACILITARÁ ACREDITACIÓNS PARA O ACCESO Á ZONA DE COMPETICIÓN. POR FAVOR, PARA CONTRIBUIR Ó BON DESENROLO DO EVENTO PREGAMOS APROXIMARSE Á ZONA DE ACCESO PERFECTAMENTE ACREDITADO. AS ACREDITACIÓNS SERÁN FACILITADAS NA ENTRADA DO PAVILLÓN EN FUNCIÓN DO Nº DE INSCRICIÓNS.

 A Coruña, 27 de Outubro de 2013.

 

 

Vº Bº A PRESIDENTA                                  O SECRETARIO XERA
Read 589 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.