×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Martes, 01 Abril 2014 10:53

CIRCULAR 10/2014. CPTO. ESCOLAR PROVINCIAL DE COMBATE 2014

Written by
Rate this item
(0 votes)

Circular 10/2014

DEPORTE ESCOLAR - FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE 

DATA: Sábado 26 (Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense).

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes: 

A Coruña: CLUBE GARRAPUCHO. Complexo Deportivo de Elviña. A CORUÑA.

Pontevedra:CLUBE MAT´S. Pavillón Municipal. MARÍN.

Lugo ( * ): CLUBE JANSU. Pavillón Municipal. VILALBA. 

Ourense: CLUBE COUTO. Pavillón dos Remedios. OURENSE. (Dependerá do nº de inscritos).

* LUGO CELEBRARÁ O ESCOLAR PROVINCIAL DE EXHIBICIÓN NA MESMA DATA. 

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. DO 16 DE ABRIL.

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE (antes do mércores 9).

 

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN – TODO-LOS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

  1. ALEVÍN: nados nos anos 2002 - 2003.
  2. INFANTIL: nados nos anos 2000 - 2001.

 

REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:

Poderase inscribir un equipo masculino e outro femenino con un máximo de catro competidores por peso en cada categoría tanto masculina como femenina. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse

na categoría inmediatamente superior.

 

Grao mínimo:

Para a categoria alevín o grao mínimo e o amarelo-laranxa,  tanto para a categoría masculina como feminina.

Para a categoría infantil o grao mínimo é o verde.

PESOS:


INFANTIL- Feminina Masculina

Minimosca -29kg -33kg

Mosca -33kg -37kg

Galo -37kg -41kg

Pluma -41kg -45kg

Lixeiro -44kg -49kg

Super lixeiro -47kg -53kg

Semimedio -51kg -57kg

Medio -55kg -61kg

Semipesado -59kg -65kg

Pesado +59kg +65kg

 

 

 

 

ALEVÍN - Feminina Masculina

Minimosquito -28 kg -28 kg

Mosquito -31 kg -31kg

Minimosca -34 kg -34 kg

Mosca -37 kg -37 kg

Minigalo -40 kg -40 kg

Galo -43 kg -43 kg

Minipluma -46 kg -46 kg

Pluma -49 kg -49 kg

Lixeiro -52 kg -52 kg

Superlixeiro -55kg -55 kg

Semimedio -58 kg -58 kg

Medio -62 kg -62 kg

Pesado+62kg+62k


Pesaxe:

Na categoría infantil realizarase a pesaxe o día antes da competición nas sedes oficiais da FGT.

Os deportistas deberán de pesarse co uniforme oficial (dobok e cinturón).

Proteccións:

Son obrigatorias as proteccións que o regulamento da WFT establece (casco, protector de xenitais, proteccións de antebrazos e de espinillas, protector bucal, guantillas de pés e de mans). Cada competidor deberá de levar as súas proteccións. Petos electrónicos facilitados pola organización.

Arbitraxe:

Aplicaráse o regulamento WTF vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.

O uniforme dos árbitros será o oficial da FGT (camisa branca, garabata azul, americana azul marino, pantalón gris e zapatillas de deporte brancas).

Normativa:

Infantil - esta categoría ceñirase o regulamento en vigor para os campionatos de España e Europa da categoría.

Alevín- a competición será adaptada nos seguintes aspectos:

• A zona de combate reducirase a un tamaño de 6mt x 6mt.

• A duración dos combates reducirase a dous asaltos de minuto e medio con corenta segundos de descanso entre asaltos.

• Haberá un árbitro central que se encargará de dirixir os combates e velar pola seguridade dos rapaces ademais de otorgar os puntos obtidos por cada competidor. Un xuiz cronometrador na mesa central encargarase de anotar os puntos e penalizacións indicados polo árbitro central na folla de competición

• Non se permitirán os ataques realizados con técnicas que golpeen a cara ou cabeza. Os deportistas que executaran este tipo de técnicas serán penalizados e, en caso de reincidir poderán ser descalificados..

• As técnicas de xiro (de 360º, tuit chagui, momdollio ó peto ou pivotes) que conecten claramente no protector pectoral ou peto puntuarán dobre.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces.

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.

DATA: Sábado, 7 DE XUÑO DE 2014

 

LUGAR: CONFIRMAREMOS LUGAR DE CELEBRACIÓN.

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.

 

A Coruña, 31 de marzo de 2014.

 

EL SECRETARIO GENERAL

 

 

 

Juan Carlos Caínzos Gómez

 

 

Pesaxe: 

PESAXE: Venres, día 25, 

A CORUÑA: De 17 a 19 hr.  no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo.

OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 16.00 a 17.30 hr. Ximnasio Area R/ Doctor Carracido, 13. Vigo

De 16.00 a 17.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín. 

(Sede Area: ante calquera complicación para o pesaxe neste horario contactar con José Loren).

Read 591 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.