×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Miércoles, 10 Septiembre 2014 10:28

CIRCULAR 20//2014. CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE.

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 20/2014

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE ATA NACIONAL.

DATA: Sábado, 27 de setembro de 2014.

LUGAR: Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra.

HORARIOS: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, APLICACIÓN WEB REMITINDO ORIXINAIS ASINADOS COA COPIA DO DNI – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HORAS DO 19/09/2014. ORIXINAIS NA FGT ANTES DESA DATA. Non se admitirán inscricións fora de prazo.

CUOTAS DO CURSO:

 

 

  • Xuiz Cronometrador.…………………….. 57,00 Euros
  • Árbitro Rexional …………………….…… 94,00 Euros
  • Árbitro Nacional ……………………….… 158,00 Euros
  • Reciclaxe:

Árbitros, Monitores e Adestradores

COLEXIADOS COMO ÁRBITROS --------- GRATIS

NON COLEXIADOS COMO ÁRBITROS -------- 20 Euros

TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto AZUL.-Idade 14 anos cumpridos.

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador.

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

Para Xuiz Cronometrador

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

- Ter licencia federativa do presente ano 2014.

-Cinto AZUL.

Para Árbitro Rexional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 1º DAN.

- Título de xuiz cronometrador – 1 ano

- Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

- Ter licencia federativa do ano 2014

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

Para Árbitro Nacional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 2º DAN.

- Título de árbitro rexional – 1 ano

- Colexiación en vigor de árbitro rexional.

- Ter licencia federativa do ano 2014.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

É imprescindible para se presentar ao Curso pertencer a Clube afiliado a esta FGT no ano 2014.

MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta, regulamento IMPRESO E ESTUDIADO (DESCARGAR DA WEB), e bolígrafo. Tamén deberán traer uniforme oficial de arbitraxe para o caso dos xuices cronometradores que se presentan a rexional e os árbitros rexionais que se presentan a nacional para poder realizar as prácticas de arbitraxe. EXAME DO CURSO A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS NO APARTADO DESCARGAS DA WEB.

Non se poderán realizar conxuntamente os cursos de Xuiz Crono e Arbitro Rexional.

Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.

En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso.

Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.

Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2014 e enviar o impreso de inscrición (aplicación web) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe.

É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO A TRAVÉS DA WEB E ASINADO EN ORIXINAL.

A Coruña, a 4 de setembro de 2014.

Fdo. Juan Carlos Caínzos Gómez - Secretario Xeral.

Read 705 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.