Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

A selección galega de técnica participará o día 11 de xuño no Campionato de España de técnica infantil, sénior e freestyle, que se celebrará en Marina D´Or  (Castellón). A Federación Galega de Taekwondo ten inscritas neste torneo a unha selección infantil (14 integrantes), outra adulta (50), ademais de aqueles/as deportistas que viaxan cos seus clubs. O Campionato decidirá (xunto ao Open de España e o Circuíto) a selección de deportistas que acudirán ao Mundial que se celebrará a finais de setembro en Perú.

 

O Campionato de España Infantil de Técnica conta con 240 participantes e o adulto con 348 deportistas inscritos. O Campionato de España é unha competición individual na que as e os deportistas teñen que realizar pumses. No caso da categoría sénior hai un total de tres roldas (se chegan a final) e en cada unha delas os deportistas realizan 2 pumses, mentres que na categoría infantil son tres roldas tamén, pero os taekwondistas só realizan un exercizo. Os oito primeiros clasificados chegan á final, de onde sairán as medallas (ouro, prata e dous bronces).

 

No Campionato de freestyle hai un total de 59 participantes e 11 participacións galegas nas diferentes modalidades. O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos catro anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

Resultados 2015. Galicia acadou un total de 24 medallas nos Campionatos de España de Técnica Infantil e Adulto 2015 (8 medallas no infantil e 16 no adulto), que se celebrou en Marina D´Or (Castellón). Na clasificación por equipos, Galicia foi segunda na categoría infantil. Ademais, Galicia proclamouse campioa de España de freestyle na clasificación por equipos, mentres que a nivel individual as e os deportistas galegos acadaron un total de 15 medallas (3 ouros, 4 pratas e 8 bronces).

 

No seguinte enlace tedes a convocatoria galega:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1879-cpto-esp-tecnica-11-06-16

 

 

 

 

 

 

O sábado 28 de maio celebrouse en Noia o Campionato Galego de taekwondo escolar de combate coa participación de 260 taekwondistas das categorías infantil e alevín.

No adxunto tedes todos os resultados.

O sábado 28 de maio celebrarase en Noia (Pavillón Municipal de Noia) a final galega de taekwondo escolar na modalidade de combate, na que participarán 260 deportistas, que lograron a súa clasificación nas fases provinciais.  Ademais, tamén se celebrará unha preselección da categoría xúnior para o Campionato de España.

 

A final da modalidade de combate comezará ás 09:30 horas nos seis tapices dispostos para a competición (dous para a categoría infantil e 4 para a alevín). En total celebraranse aproximadamente 180 combates para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2004 e 2005) e infantil (nados nos anos 2002 e 2003), que serán dirixidos por 35 árbitros. As e os taekwondistas competirán coas pertinentes proteccións e estarán permitidos os golpes á cabeza. Non poderán participar nesta competición os medallistas ouro e prata nos Campionatos Galegos ou membros da selección galega.

 

Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega. A final será organizada polo servizo provincial da Coruña e o club Maniotas de Noia.

 

A selección galega acadou magníficos resultados no Open de Andalucía onde logrou a medalla de prata por equipos tanto na modalidade de técnica coma de freestyle. Este torneo concede puntos para o ranking, polo que os nosos deportistas seguen traballando para lograr a súa clasificación para o Mundial.

Así, en técnica o podio dos equipos quedou formado por Madrid (1º), Galicia (2º) e Andalucía (3º). A  nivel individual estas foron as medallas:

 

  • Cadete feminino: Barbara Di Martino – PRATA
  • Trío Cadete masculino: Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo - OURO
  • Parella cadete: Manuel Paz e Bárbara Di Martino – OURO
  • Júnior masculino: Gabriel Tembras – OURO
  • Júnior masculino: Alejandro Losada – BRONCE
  • Júnior feminino: Andrea Vilas – BRONCE
  • Trío júnior feminino: Celia García, Fátima Rodríguez e Raquel Losada – PRATA
  • Trío júnior feminino: Beatriz Felpeto, Silvia Garcia y Uxia Rodriguez – BRONCE
  • Trío júnior masculino: Alejandro Losada, Carlos Rey e José Roca – OURO
  • Trío júnior masculino: Samuel Álves, Iago Davila e Jorge Posada – BRONCE
  • Sénior 1 feminino: Nerea Alamancos – BRONCE
  • Parellas 1: Alejandro Losada e Nerea Alamancos – OURO
  • Sénior 2 masculino: Samuel Meilan – OURO
  • Máster 1 masculino: Seung Han Xhing Jang – OURO

 

Polo club Hebe :

  • Sénior 2 - Noelia Pérez – BRONCE

 

En freestyle o podio por equipos quedou formado por Andalucía )1º), Galicia (2º) e Madrid (3º). Mentres que a nivel individual as medallas foron para:

  • Categoría de 12 a 17 feminino :Celia García – PRATA
  • Categoría de 12 a 17 feminino : Iria Pena – BRONCE
  • Categoría de 12 a 17 masculino: Yago PIta – OURO
  • Categoría de 12 a 17 masculino: Ángel López – PRATA
  • Categoría de 12 a 17 masculino: Adrián Ventín – BRONCE
  • Categoría +18 masculino: Anxo Costa – PRATA
  • Parella de 12 a 17: Andrea Vilas e Samuel Álves – OURO

 

A galega Katya Calvar (-67 quilogramos, Mat´s) caeu na segunda rolda do Europeo sénior de Taekwondo que se está a disputar estes días en Motreux (Suiza).

A nosa deportista superou no primeiro combate á turca Simge Erensayin con certa comodidade (1-4), pero non puido seguir avanzando na competición ao perder no segundo combate fronte á ucraina Tatiana Tetereviatnykova (5-1).

Katya enfrontaba este torneo con problemas físicos, xa que arrastraba molestias no xemelgo, que non lle permitían competir ao cento por cento.

 

Noraboa para a nosa taekwondista e a seguir traballando!

 

A selección galega de técnica (categorías cadete, júnior e sénior) participará o sábado 21 de maio no Open de Andalucía de Poomsae, que se celebrará en Sevilla. É unha proba moi importante xa que concede puntos para o ranking, nun novo circuíto ideado pola Real Federación Española de Taekwondo esta tempada.

 Ata agora, as e os deportistas acadaban a súa clasificación para as probas internacionais coa suma dos seus resultados no Campionato de España e no Open de España. Pero esta tempada incluíuse un circuíto formado por tres probas (Andalucía, Valencia e Navarra), que outorgan puntos para o ranking. Desta forma, a Andalucía só viaxan as e os deportistas que xa contan con puntos no seu ranking (medallistas Open de España) co obxectivo de seguir sumando puntos para acadar a clasificación para o Mundial, que se celebrará a finais de setembro en Perú.

 No Open de Andalucía participarán un total de 350 deportistas dun altísimo nivel, xa que son medallistas que acoden a esta cita co mesmo obxectivo que os galegos, buscar a súa praza para o Mundial.

 No seguinte enlace tedes a convocatoria:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1871-open-de-andalucia-de-tecnica

 

 

 

Katya Calvar (-67 quilómetros, Mat´s) disputará o sábado o Campionato de Europa, que se está a disputar esta fin de semana en Montreux (Suíza). Ademais, tamén contamos coa presenza de María Bautista, que exercerá como xuíza durante todo o torneo.

 

Katya fixo unha magnífica tempada e así acadou a praza para disputar o Europeo. Desgraciadamente non chega no mellor momento para a nosa deportista, xa que arrastra molestias no xemelgo. A taekwondista explicou que “non estou no mellor momento da tempada. Afortunadamente son moi positiva e teño moitas ganas de volver cunha medalla deste campionato”.

 

  Katya Calvar acadou este año o título de campioa de España, foi bronce no Open de España, no Open de Bélxica e Open de Holanda, como resultados máis destacados. O seu obxectivo é “facer o mellor traballo posible, quedar moi satisfeita comigo mesma despois desta gran tempada e volver cunha medalla”. As principais favoritas para o podio son as representantes de Turquía e Rusia.

 

No Europeo participarán un total de 387 deportistas de 47 países e a proba do gran nivel que terá esta proba é que na mesma estarán 41 dos 42 taekwondistas clasificados para os Xogos Olímpicos de Río. O torneo comezou hoxe 19 e rematará o próximo 22 de maio.

 

 

 

Magníficos resultados das seleccións galegas júnior e sénior no Open Profesional de Taekwondo de Zamora disputado o día 14 de maio. As e os nosos deportistas volven cargados de medallas e na clasificación xeral, Galicia ocupou a primeira posición.  Aquí tedes os resultados:

 Categoría júnior

 A selección galega, que disputou tres finais galegas, logrou un total de 4 ouros, 9 pratas e 4 bronces na categoría júnior.

 Elena Pérez (-46, Natural Sport Ribeira) disputou a final contra Lucía Santomé (Patiño Moaña).  Lucía ía perdendo 5-1, cando por un mal apoio sufriu unha lesión, que a obrigou a abandonar. Así, ouro para Elena Pérez e prata para Lucía Santomé, que lograra o pase á final vencendo na semifinal por un rotundo 13-1.

 No peso pesado, Lorena Pardo (Garrapucho) gañou a semifinal no punto de ouro, pero decidiron que non se presentará na final, que era contra a galega Antía Pérez (Budo Castrelos) , porque tiña molestias no xeonllo e preferiron non arriscar. Así, ouro para Antía Pérez e prata para Lorena Pardo.

 Daniel Corrales (-78, Patiño Moaña) gaña a final 10-1 contra Brais iglesias (Máis DXT-Budo), que logra a medalla de prata.

Vicente Díaz (-51, Natural Sport) pasa a cuarto sen competir ao non presentarse Marrocos. Posteriormente gaña a semifinal (4-1) e logra un triunfo aplastante na final (10-1), para conseguir así o ouro.

O resto das medallas son:

-       Antón Romero (-45, Natural Sport Ribeira) perde a final no punto de ouro e logra a medalla de prata.

-       Yerai Rodríguez (-59, Taekanart) gaña en cuartos por 4-2, na semifinal logra o pase cun triunfo por 5-2 e cae na final (11-1). Medalla de prata para Yerai.

-       Uxía Rodríguez supera os cuartos con facilidade (9-1), a semifinal gaña 6-1 e perde na final por 7-4. Prata.

-       Alba Vidal (-59, Kido Sport) perde a final no punto de ouro (3-3) e logra así a medalla de prata.

-       Junior Martínez (+78, Neka) superou a semifinal (8-4), pero perdeu na final  2-0. Prata.

-       Alba Muñiz (-42, Ozono Boiro) caeu  na final por un axustado 4-3. Prata

-       Nagore Acuña (-63, Taekanart) perdeu na semifinal no punto de ouro e acadou así a medalla de bronce.

-       Pili Rodríguez (63, Natural Sport)  caeu en semifinais 7-4 e logrou o bronce.

-       Jesús Veiga (+78, Maniotas) logra o bronce ao perder na semifinal

-       Diego Martínez (-48, Natural Sport) caeu derrotado nas semifinais (7-4). Bronce.

 

En elite, magníficos resultados con  8 ouros, 1 prata e 1 bronce:

José Real (-87, Natural Sport Ribeira) logrou a medalla de ouro, igual que Álvaro García (-63), Andrés Álvarez (-58, Couto), Marta Colón (-62, Mace Sport), Laura Lorenzo (-49, Tao), Sofía Pérez (+73, Natural Sport), Tania Gándara (+73, BoudSport) e  María Suárez (-57, Seung). Ademais, contamos cunha prata para David Ansede (-68) e un bronce para Alex Acuña  (-74, Taekanart).

 

 

María Bautista Maestre recibiu hoxe o Premio ao mellor árbitro/xuíz do Deporte Galego no ano 2015, no transcurso da gala que se celebrou hoxe en Ourense coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz, en representación do taekwondo galego.
 
Noraboa María!

As seleccións galegas júnior e sénior participarán este sábado 14 de maio no Open Profesional de Taekwondo de Zamora,  no que tamén será protagonista o Yidam-CEIP Balaídos cunha gran exhibición.

 

Este open ten como obxectivo facer unha velada espectacular, baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo, con petos electrónicos, vídeo-replay e árbitros nacionais e internacionais. No pavillón Ángel Nieto de Zamora instalaranse 6 pistas, para a celebración das competicións das categorías pre-cadete, cadete, júnior e absoluta. A competición comezará ás 08:00 horas, mentres que a partir das 18:00 horas comezará o formato espectáculo, no que só se celebrará un combate na pista central.

 

Ademais o Yidam-CEIP Balaídos será un dos protagonistas desta velada con catro exhibicións de freestyle e de exhibición, que sorprenderá aos espectadores pola súa espectacularidade e orixinalidade.

 

Galicia acude a este evento cun equipo júnior (22 deportistas), un combinado sénior (10) e catro técnicos. A selección partirá mañá venres por estrada e regresará ao remate do campionato.

 

A continuación, tedes a convocatoria.

 

 

 

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA PARA OPEN ZAMORA

MARTÍNEZ GARCÍA, SAMUEL ALEJANDRO

JUN -63

AS SPORT

GÁNDARA SUÁREZ, TANIA

ABS +73

BOUDSPORT

VARELA MIRÁS, RODRIGO

JUN -55

BOUDSPORT

PÉREZ OGANDO, ANTÍA

JUN +68

BUDO CASTRELOS

GONZÁLEZ NOVOA, MARÍA

JUN -49

COUTO

ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, ANDRÉS

ABS -58

COUTO

PARDO DOS SANTOS, LORENA

JUN +68

GARRAPUCHO

FUENTESECA LEGIDE, VALERIA

JUN -59

JANSU

VIDAL AGUÍN, ALBA

JUN -59

KIDO SPORT

COLÓN CORTEGOSO, MARTA

ABS -62

MACE SPORT

IGLESIAS ÁLVAREZ, BRAIS

JUN -78

MAIS DXT-BUDO

VEIGA FREIRE, JESUS MANUEL

JUN +78

MANIOTAS-NOIA

ORTIZ BENITO, ARLET

JUN -52

MAT'S

GARCÍA MARTÍNEZ, IVÁN

ABS -87

MAT'S

RODRÍGUEZ GARCÍA, UXÍA

JUN -55

MOO DUK KWAN

PEREZ ALCALDE, ELENA

JUN -46

NATURAL SPORT RIBEIRA

RODRÍGUEZ MANEIRO, MARÍA DEL PILAR

JUN -63

NATURAL SPORT RIBEIRA

PEREZ RIESCO, SOFÍA

ABS +73

NATURAL SPORT RIBEIRA

ROMERO BOUZAS, ANTÓN

JUN -45

NATURAL SPORT RIBEIRA

MARTINEZ LIJO, DIEGO

JUN -48

NATURAL SPORT RIBEIRA

DIAZ DEL NOZAL, VICENTE LAURENTINO

JUN -51

NATURAL SPORT RIBEIRA

REAL PEREZ, JOSÉ

ABS -87

NATURAL SPORT RIBEIRA

MARTÍNEZ CASTILLO, JUNIOR LUCIANO

JUN +78

NEKA

MUÑIZ SEVARES, ALBA

JUN -42

OZONO BOIRO CD

SANTOMÉ SANTOMÉ, LUCÍA

JUN -46

PATIÑO-MOAÑA

CORRALES FERREIRO, DANIEL

JUN -78

PATIÑO-MOAÑA

ACUÑA GARRIDO, FRANCISCO ALEXANDRE

ABS -74

TAEKANART

ACUÑA GARRIDO, NAGORE

JUN -63

TAEKANART

RODRÍGUEZ PINTOS, YERAI

JUN -59

TAEKANART

LORENZO AMOEDO, LAURA

ABS -49

TAO

ANSEDE CARBALLEIRA, DAVID

ABS -68

 

GARCÍA LAGO, ÁLVARO

ABS -63

 

CORTEGOSO ESTONLLO, MIGUEL A.

 

TECNICO

RÍOS CORTEGOSO, JOSE ANTONIO

 

TECNICO

LOREN MARIÑO, YAHEL

 

TECNICO

BENITO DÍAZ, JESUS ELIAS

 

TECNICO

 

 

 

Página 39 de 55