Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Sábado, 07 Mayo 2016 00:00

Resultados Galego Xúnior - Vilalba 2016

Arlet Ortiz (Mat´s) e Unai Silva (Mace Sport) foron elixidos mellores competidores do Campionato Galego Xúnior de Combate que se celebrou hoxe sábado 7 de maio en Vilalba coa participación de 120 deportistas.

Na clasificación por equipos o Natural Sport Ribeira logrou a primeira posición na clasificación masculina e na xeral, mentres que o Patiño Moaña foi o primeiro na clasificación feminina.

A continuación tedes os resultados do Galego.

O Campionato Galego Xúnior reunirá o sábado 7 de maio no pavillón municipal de Vilalba a máis de 120 deportistas e 28 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

 

Este torneo, organizado polo club Jansu, é especialmente importante xa que de aquí sairá a preselección para a disputa do Campionato de España Xúnior, en principio prevista para o mes de setembro. No Galego –para deportistas nados nos anos 1999, 2000 e 2001–  participarán 74 homes e 48 mulleres nos catro tapices dispostos no Pavillón. Ademais, utilizaranse cascos electrónicos.

 

Os espectadores terán a oportunidade de gozar con grandes combates, xa que entre os participantes hai medallistas nacionais, coma Miryam García (o pasado ano proclamouse campioa de España xúnior), Jéssica Blanco (prata no 2015), Arlet Ortiz (campioa de España cadete en 2015), Adrián Pombo (campión de España xúnior 2015, Javier González (bronce xúnior en 2015), Gabriel García (bronce xúnior en 2015) ou Alberto Bautista (bronce xúnior en 2015), entre outros.

 

 

 

 

 

 

O deportista do Tao Samuel Meilán acadou a medalla de ouro en sénior 2 e a parella formada por Alejandro Losada e Nerea Alamancos a prata en sénior 1 no Open de Bélxica, que se celebrou esta fin de semana.
 
Os deportistas viaxaron co seu club a este prestixio torneo e acadaron magníficos resultados. Ademais tamén participou, pero sen medalla, Andrea Vilas (júnior).
 
Noraboa a tod@s!

Galicia acadou hoxe en Valencia a primeira posición na clasificación xeral por equipos no Campionato de España Cadete, tras lograr o primeiro posto na clasificación xeral masculina e o segundo na feminina. Ademais, na categoría sub 21, Galicia foi terceira na categoría feminina. Magníficos os resultados acadados polo nosos deportistas nunha longa xornada de competición.

Na categoría cadete –para deportistas nados nos anos 2002, 03 e 04- Galicia sumou un total de cinco ouros, 5 pratas e 4 bronces. En homes, Iker García (-37 quilogramos) acadou a medalla de ouro, tras vencer na final a Frank Martínez (da Comunidade Valencia). Ademais, David Rodríguez proclamouse campión de España en -41 quilogramos ao gañar a Héctor Benito (Deportivo Olimpo).

En -53 gozamos dunha final galega con Pablo Patiño e Sergio Gonzalo, que caeu a favor do primeiro. Así, ouro para Patiño e Gonzalo logrou a medalla de prata. Este mesmo metal foi para Noh Pereira (-61) e Javier Torrado (-57), que viaxaba a Valencia o seu club, o Suh Sport.

Por último, en chicos, hai que sumar o bronce de Adrián Piñeiro (+65) do Patiño Moaña.

Na categoría feminina houbo dous ouros: Ana Dosil (-55) logrou a primeira posición tras vencer á catalá  Cheyene Brito no último combate. Neste peso, tamén houbo un bronce galego, que foi para Sara Gacio.

O outro ouro foi para Noah Pena (-47), que viaxou co seu club, o Patiño Moaña, e logrou superar na final a Andrea Rabal (Federación Murciana). Noah fóra medalla de prata o pasado ano neste mesmo campionato. Tamén hai que destacar as pratas de Oihana Gallego (-44) e de Leticia Trigo (-51). E finalizamos cos bronces de Nerea Piedras (-33) e Bárbara Di Martino (-59).

Na categoría sub 21 (deportistas nados no ano 1996), Galicia logrou un total de 11 medallas (dous ouros, 4 pratas e 5 bronces) e o terceiro posto na clasificación por equipos femininos.

Os ouros eran especialmente importantes xa que garantían a súa clasificación para a participación no Europeo da categoría. Así, Pablo Fernández Eiras (-87) logrou a súa praza, tras vencer na final a Alex Mas (Federación Catalá), igual que Sara García (-57), que logra o título de campioa de España ao gañar a María Jiménez (TKD Mairena). Neste mesmo peso houbo un bronce galego para Jéssica Blanco.

Adrián Pombo (-74) logrou a medalla de prata ao caer na final contra Rubén Martínez (Jayan). Aínda así o galego estará presente no Europeo, xa que acadara a súa clasificación na Copa Presidente de Bonn, onde alcanzou un  meritorio bronce.

En -67 dúas preseas para Galicia. Ainhoa Ramos logrou a prata, tras perder na final contra Cecilia Castro (de Madrid). Pola súa banda, Lorena Pardo, do Garrapucho, logrou o bronce.

Miryam García (-62) sumou unha medalla de prata para a expedición galega. A taekwondista non puido superar na final a Noelia Redondo (Deportivo Olimpo). Sabela López, no peso pesado, quedou na segunda posición tras caer na final contra Belen Morán (Andalucía). E rematamos a coilleita cos bronces de Anxo Fernández de la Iglesia (+87), Lucía Vieitez (-73) do Sares-TKD e Manuel Parada (-68) do Natural Sport Ribeira.

As seleccións galegas cadete e sub 21 participarán o sábado 30 de abril no Campionato de España que se celebrará en Valencia, co obxectivo de loitar polas posicións de podio.

 

Será un longo día de competición no Velódromo Luis Puig, xa que hai inscritos nas dúas categorías un total de 899 deportistas, polo que a organización decidiu dispoñer 12 tapices para a realización dos combates.

 

O torneo cadete –para deportistas nados nos anos 2002, 03 e 04- comezará ás 8:00 horas e dada a altísima participación a organización decidiu recortar os combates, que terán unha duración de tres asaltos de 1 minuto cada un. Ademais, só haberá vídeo replay nas semifinais e final. A selección galega, que partirá esta noite en autobús en dirección a Valencia, está formada por 28 deportistas (14 rapaces e 14 rapazas).

 

O pasado ano, a selección galega acadou tres ouros (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira), dúas pratas (Elena Currás e Noah Pena) e tres bronces (Brais Guardado, Ana Dosil e Daniel Corrales), mentres que por clubs galegos houbo unha prata (Sergio Gonzalo) e catro bronces (Silvia García, Nerea Piedras, Brian Franco e Leticia Trigo).

 

Na categoría sub 21 (deportistas nados no ano 1996), a Federación Galega despraza a un equipo de 25 deportistas (14 rapaces e 11 mulleres). O torneo comezará ao remate da competición cadete. Esta competición é moi importante, xa que será clasificatoria para o Campionato de Europa da categoría.

Resultados 2015. O pasado ano en Tarragona, Galicia logrou un total de oito medallas (un ouro, catro prata e tres bronces) no Campionato de España sub 21. A selección galega logrou sete medallas, mentres que a deportista do Hebe, Odhra Di-Martino, que viaxaba representando ao seu club, acadou un bronce máis. O ouro foi para Xián Silva (-80, Mace Sport).

 

 

Convocatorias galegas para o Campionato de España 2016:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1815-convocatoria-cadete-cpto-espana

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1816-convocatoria-sub21-para-cpto-espana

 

 

  

 Este sábado 23 de abril celebrouse en Vilalba a fase provincial do Campionato Escolar de Combate, organizado polo Centro Deportivo Jansu, o Concello de Vilalba e a Federación Galega de Taekwondo. Este campionato forma parte do programa Xogade, que a Xunta de Galicia celebra en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

Clasificación por equipos:

ALEVÍN FEMININO:

1º JANSU - DE VILALBA  E LUGO

2º MDK – VILALBA

ALEVÍN MASCULINO:

1º ESCOLA LUCENSE

2º JANSU VILALBA E LUGO

3º MDK VILALBA

INFANTIL FEMININO:

1º MDK

2º SANGIAO DE OUTEIRO DE REI EMPATADO COA E. LUCENSE

INFANTIL MASCULINO:

1º MDK

2º JANSU VILALBA E LUGO

3º E. LUCENSE

CLASIFICACIÓN XERAL

1º MDK VILALBA

2º JANSU VILALBA E LUGO

3º E. LUCENSE

 

O domingo 24 de abril celebrouse en Cangas o Campionato Galego Escolar nas modalidades de técnica, exhibición e freestyle, coa participación de máis de 700 deportistas.

No enlace, tedes os resultados.

O domingo 24 de abril celebrarase no Pavillón do Gatañal (Cangas) o Campionato Galego Escolar das modalidades de técnica, exhibición e freestyle, que reunirán a máis de 700 participantes das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete e 40 árbitros. Será o segundo ano consecutivo no que se reúnan nun mesmo día os tres campionatos galegos .

 

A xornada comezará ás 10:00 horas coa celebración do galego de técnica. Pola tarde (a partir das 16:30 horas) será o momento do freestyle (masculino e feminino), que é unha  modalidade de recente creación que combina a técnica, con coreografía, música e acrobacias.

 

Posteriormente disputarase a modalidade de exhibición (infantil e cadete), que é a máis espectacular para o público. Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan  movementos, defensa persoal e acrobacias. Ademais, en xogo está a clasificación para o Campionato de España.

 

Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

A galega Katya Calvar (-67) acadou a medalla de bronce na categoría sénior do Open de España de combate, que se disputou o domingo en Benicassim.

A deportista do Mat´s logrou a única medalla galega na competición sénior. En semifinais Katya tivo un combate moi apertado con Cecilia Castro (Madrid), que tivo que decidirse no punto de ouro a favor da madrileña.

Noraboa para a nosa deportista!

As e os deportistas galegos presentes na competición júnior do Open de España regresan a casa cunha enorme cantidade de metais na maleta. A selección galega acadou un total de 17 preseas (4 ouros, 4 pratas e 13 bronces), aos que hai que sumar as 4 medallas que acadaron deportistas galegos presentados polos seus clubes. Estiveron mellor as mulleres, que sumaron un total de 13 medallas, das cales 3 foron ouros.

Aquí tedes os medallistas:

Tania Castiñeira acadou a medalla de ouro en +68 nunha final de galegas. Tania superou no último combate á súa compañeira Antía Pérez.

En -59 quilogramos, título para a nosa deportista Zaira Vázquez, que gañou na final á Marta Serra, da Federación Balear.  Ademais, neste mesmo peso, Aitana Santomé acadou a medalla de bronce.

O terceiro ouro feminino galego foi para Jéssica Blanco en -55, nun peso cunha enorme participación. A nosa deportista acadou o título tras derrotar na final a Lidia Campillo. Ademais, Uxía Ogea logrou a medalla de bronce.

E seguimos con máis medallas galegas. Miryam García logrou a medalla de prata en -63. A galega caeu na final contra a catalá Natalia Moreno. Tamén subiu ao podio María del Pilar Rodríguez (bronce).

En -44, Elena Pérez subiu ao segundo chanzo do podio. A galega caeu na final contra Martina Elordy e sumou unha prata máis para Galicia.

Ademais houbo varios bronces: Lucía Santomé (-46) e Arlet Ortiz (-52) pola selección galega e Alma Pérez (-49) e Carla Muñiz (-68) polo Suh Sport.

Na categoría masculina, en -63 quilogramos gran actuación de Javier González, que logrou o título de campión de España nun peso con moita competición. O galego superou na final a Javier Hueso (Madrid). Ademais, no podio contamos con outro galego: Unai Silva logrou a medalla de bronce.

Ademais, Vicente Díaz logrou a medalla de prata en -51, tras perder na final contra Joan Jorquera. E rematamos cos bronces: Nicolás Argibay (-59), Adrián Pombo (-73) e Jesús Veiga (+78) da selección galega. Por clubs, hai que destacar o bronce de Yerai Rodríguez (Taekanart) en -59 quilogramos e Alejandro Pérez (Natural Sport Videlgi) en -68 quilogramos.

Página 40 de 55