Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

O traballo da Federación Galega de Taekwondo e de todos e cada un dos que forman parte da familia do taekwondo galego será recoñecido no transcurso da gala dos Premios Nacionais de Taekwondo 2015, que se celebrará o venres 19 de febreiro en Leganés (Madrid).

 

O Concello de Pontevedra recibirá o premio ao organismo oficial que más colaborou co taekwondo no ano 2015, pola celebración do Open de España na capital pontevedresa.

 

Ademais, tamén teremos premios a nivel individual. Alejandro Vidal recibirá o Premio Nacional ao Deportista de Combate en categoría de Parataekwondo do ano 2015, mentres que a xuíza María Bautista Mestre, responsable de formación da área da Arbitraxe da Federación Galega de Taekwondo, recollerá o Premio Nacional ao árbitro internacional que mellor e máis colaborou en actividades internacionais durante o ano 2015. E por último destacar que a directora técnica da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez, recibirá o Premio Nacional ao técnico deportivo máis distinguido do ano.

 

A gala celebrarase o día 19 de febrero (20:30 horas) no pavillón Goyeneche de Leganés.

 

A Federación Galega de Taekwondo felicita a todos os premiados!

A selección galega de técnica acadou hoxe o primeiro posto na clasificación xeral do Open de Poomsae de Esposende (Portugal). Ademais os clubs galegos Neka, Natural Sada e Hebe, que participaron no torneo, acadaron magníficos resultados.

A selección galega logrou un total de 26 medallas. En cadete houbo ouros para Manuel Paz e Bárbara Di-Martino, mentres que Daniel Redondo logrou a medalla de prata. En júnior masculino, Gabriel Tembrás acadou a medalla de prata,. Mentres que Alejandro Losada foi bronce. Na categoría júnior feminina Andrea Vilas foi ouro e Lucía Penín, bronce.

Na categoría sénior 1, Alejandro Losada foi o primeiro clasificado e Manuel Rodríguez, bronce. Na categoría feminina sénior 1, Nerea Alamancos foi bronce. Sénior 2: Ouros para Samuel Meilán e Noelia Pérez e bronce para Begoña Veiga.

En máster 1, ouros para Seung Han Shin e Esperanza Fernández, mentres que Mercedes Romero logrou a medalla de prata. En máster 2 ouro para Óscar Rey e tamén para Encarnación Quintela en máster 4.

Ademais, houbo ouros para as parellas formadas por Barbara Di-Martino e Manuel Paz (cadete);
Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (júnior), mentres que Nerea Alamancos e Alejandro Losada (parella 1) lograron a prata e Seung Han e Begoña Veiga (parella 2) e Lucía Penín e Miguel Ángel Gutiérrez o bronce.

O trío sénior 1 formado por Lía de Araujo, Ingrid Gómez e Silvia Queiro conseguiron a medalla de ouro, igual que o trío sénior 2 formado por Mercedes Romero, Tatiana Rivas e Noelia Pérez. En júnior masculino, prata para o trío formado por José Roca, Carlos Rey e Alejandro Losada.

Os clubs galegos presentes tamén acadaron moi bos resultados. O Natural Sada logrou o primeiro posto na clasificación de equipos infantís. En total logrou sete medallas (seis ouros e unha prata). As ouros foron para Carlos Jiménez Ponce, Talia Yu Celada Martínez, Lola Soto Veira, Pepe Soto Veira, Dana Mancini Losas e Yaiza Velo Díaz e a prata para Noelia Pérez Platas.

O Neka quedou no segundo posto da clasificación de clubs infantís (por detrás do Natural Sada) e as e os seus deportistas sumaron un total de tres ouros (Aitor Teijeiro, Daniel Arean e Laura Álvarez) e 4 bronces (Marco García, Lucía Roca, Carla Pardo e Carlos Fernández) a nivel individual. Ademais, houbo un ouro para a parella formada por Laura Álvarez e Daniel Areán
unha prata para a parella Carla Pardo e Marco García.

E por último destacar que o Hebe logrou a terceira posición na clasificación xeral sénior e 4 pratas e un bronce. As pratas foron para Angela Paz, Michelle Del Ojo, Nerea Budiño e a parella formada por Michelle del Ojo e Gabriele e o bronce foi para Iago Gil.    

A selección galega de técnica participará este sábado 6 de febreiro no 8º Open de Poomsae de Esposende (Portugal). Galicia estará representando este torneo por un completo equipo de 33 deportistas de todas as categorías (cadete, júnior, sénior e máster).

 

Este open, organizado polo Club de Taekwondo Esposende, celebrará a súa oitava edición e contará coa participación duns 260 deportistas pertencentes a 16 clubs. A selección galega partirá o mesmo sábado en autobús dende Vigo e Ourense.

 

Listado de convocados/as

Nome e apelidos:

Club

Modalidades de participación

Gabriel Tembrás

MDK

JÚNIOR

Manuel Paz

HEBE

CADETE/ TRÍO CADETE/ PARELLA CADETE

Daniel Redondo

HEBE

CADETE / TRÍO CADETE

Alvaro Portela

HEBE

CADETE/ TRÍO CADETE 

Carlos Rey

NEKA

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

Alejandro Losada

NEKA

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

José Roca

NEKA

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

Yago Pita

MACE

JÚNIOR

Miguel A. Gutierrez

KIAP

JÚNIOR/ PARELLA JÚNIOR

Alejandro Losada

TAO

SENIOR1/ PARELLA1 / TRÍO 1

Manuel Rodríguez

TAO

SENIOR1 / TRÍO 1

Samuel Meilán

TAO

SENIOR 2

Seung Han Shin Jang

HAN'S

MASTER 1/ PARELLAS 2 

José Cid

YIDAM

MASTER 1

Oscar Rey

KIAP

MASTER 2

Bárbara Di-Martino

HEBE

CADETE/ PARELLA CADETE

Andrea Vilas

TAO

JÚNIOR

Lucía Penín

KIAP

JÚNIOR/ PARELLA JÚNIOR

Eirim Vaamonde

YIDAM

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

Silvia Fernández

YIDAM

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

Iria Pena

YIDAM

JÚNIOR/ TRÍO JÚNIOR

Sandra Bouzas

OLIMPIC

SENIOR1 /TRÍO 1

Lia De Araújo

TAO

SENIOR 1/TRÍO 1

Nerea Alamancos

TAO

SENIOR 1 / PARELLA 1

Ingrid Gómez

TAO

SENIOR 1/ TRÍO1

Silvia Queiro

TAO

SENIOR 1 / TRÍO 1

Noelia Pérez

HEBE

SENIOR 2 / TRÍO 2

Tatiana Rivas

HEBE

SENIOR 2/ TRÍO 2

Begoña Veiga

HAN'S

SENIOR 2/ PARELLAS 2

Mercedes Romero

HEBE

MASTER 1/ TRÍO 2

Esperanza Iglesias

COUTO

MASTER 1

Beatriz Queiro

TAO

MASTER 2

Encarnacion Quintela

HEBE

MASTER 4

 

 O sábado 30 de xaneiro celebrarase en Boiro (pavillón da Barraña) o Campionato Galego Cadete, que reunirá a máis de 160 deportistas desta categoría e 32 árbitros. Unha das novidades do torneo será a utilización de cascos electrónicos tal e como xa sucedera no sub 21 a pasada semana.

 

O torneo comezará ás 09.00 de mañá cun calendario moi completo debido a enorme participación, 90 homes e máis de 70 mulleres. En xogo estará a clasificación para o Campionato de España, que aínda non ten a data nin o lugar de celebración pechado pola Federación Española, pero se espera para o mes de marzo.

 

Falar de favoritos nestas categorías de idades tan curtas e moi complicado, pero a pesar diso si podemos sinalar a presenza de deportistas que xa teñen algunha medalla en campìonatos de España cadetes coma Leticia Trigo, Nerea Piedras, Elena Currás, Ana Dosiel, Noah Pena ou Sergio Gonzalo. Todos eles acadaron medalla o pasado ano no Campionato de España en Tarragona.

 

 

 A Federación Galega de Taekwondo quere amosar o seu apoio ao secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa, no complicado momento do pasamento da súa nai Elena Lasa.


O presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz, a xunta directiva, os membros da federación e todo o taekwondo galego únense a dor de familiares e amigos, transmitíndolle o pésame  nestes difíciles momentos.

Magníficos resultados para a selección galega no I Trofeo de Taekwondo Ciudad de Zaragoza, que se disputou hoxe coa participación de máis de 400 deportistas. Dous ouros (Arlet Ortiz e Tania Castiñeira) e dúas pratas (Unai Silva e Aitana Santomé) e primeiros por equipos na clasificación xeral júnior.

A Federación Galega de Taekwondo presentou un equipo formado por trece deportistas, dos cales dez pertencían a categoría júnior e ademais eran de primeiro ano. Polo que os resultados son aínda máis positivos.

Arlet Ortiz (-55, Mat´s) acadou a medalla de ouro tras vencer na final a Navarra (4-1) e vencer en cinco combates. Magnífica actuación da xoven deportista.

Pola súa banda, Tania Castiñeira (+63, Hebe) logrou o primeiro posto tras vencer en tres combates. Na final superou á representante de Andorra por un contundente 13-5.

Aitana Santomé (-63, Patiño) tamén destacou cun gran traballo. Despois de catro combates, perdeu na final contra Natalia Moreno (Cataluña) no punto de ouro.

E por último, destacar o campionato de Unai Silva (-63, Mace Sport) que tivo que retirarse na final contra Valencia por lesión. Antes, catro vitorias.

Galicia, con trece deportistas e dous técnicos, estará presente mañá no I Trofeo de Taekwondo Ciudad de Zaragoza, que reunirá a máis de 400 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior.

A selección galega está formada por tres deportistas da categoría absoluta -Laura Lorenzo (Tao, -49 quilómetros), María Suárez (Seung, -57 quilogramos), Miguel Martínez (Natural Sport, -58). e 8 júniors -Alba Muñiz (Ozono, -44), María González (Couto, -49), Arlet Ortiz (Mat´s, -55), Aitana Santomé (Patiño, -63), Tania Castiñeira (Hebe, +63), Diego Martínez (Natural, -48), Iván Rodríguez (Taekanart, -55) e Unai Silva (Mace Sport, -63). Xunto a eles, van convocados polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva Alba Vidal (Kido, -63) e Rodrigo Varela (Boudjsport, -63), ambos da categoría júnior. O equipo vai acompañado por Noelia Pérez (delegada e adestradora) e Daniel Torrado (adestrador).

O sábado 23 de xaneiro (a partir das 09.30 horas) celebrarase na Coruña (pavillón municipal dos Rosales) o Campionato Galego sub 21, que reunirán a preto de 100 deportistas desta categoría e 24 árbitros. Unha das novidades do torneo será a utilización de cascos electrónicos.

 

O torneo sub 21 comezará ás 09.30 de mañá con 41 mulleres e 45 homes. En xogo estará a clasificación para o Campionato de España, que está previsto para o mes de marzo.

 

Entre os participantes hai medallistas en campionatos de España e incluso un campión de España sub 21, o taekwondista do Mace Sport Xián Silva, que xa leva dous títulos consecutivos nesta categoría. Ademais podemos destacar na categoría masculina a Pablo Fernández (Mat´s), prata no Campionato de España ou Anxo Fernández (Arte e Movemento), tamén segundo no Campionato de España 2015. Entre as chicas inscritas contamos con Sabela López (Patiño), pratas no Campionato de España sub 21 e absoluto; Beatriz Parada (Natural Sport), subcampioa de España sub 21 2015; Sara Cortegoso (Mace Sport), bronce no Campionato de España sub 21 ou Laura Dosil (Natural Sport), bronce sub 21, entre outras.

 

 

A Federación Galega de Taekwondo, en colaboración co Natural Sport Videlgi, celebrará entre os días 7 e 10 de xaneiro, unha concentración de alto nivel no que estarán presentes deportistas de Croacia, Bélxica, Baleares, Madrid, Castela a Mancha, Portugal, País Vasco e Galicia.

 

Este stage, que é a primeira vez que se organiza en Galicia, ten como un dos seus obxectivos facer a primeira preselección cara a definir o equipo absoluto que acudirá ao Campionato de España que se celebrará definitivamente o 20 de febreiro en Leganés, segundo ven de confirmar a Real Federación Española de Taekwondo. Ademais, contará con deportistas que están loitando por clasificarse para os Xogos de Río 2016 o cal engade un plus importantísimo ao nivel que se poderá gozar nestes días para todos aqueles amantes do taekwondo.

 

A concentración comezará no Concello de Riveira (días 7 e 8) e posteriomente trasladaranse a Porto do Son (días 9 e 10). En total participarán uns 60 taekwondistas galegos nesta concentración, na que poderán traballar e medirse a deportistas de Croacia, Bélxica, Portugal, Baleares, Madrid, País Vasco e Castela a Mancha, algúns dos cales disputarán o preolímpico europeo. En total celebrarán esta concentración máis de 100 deportistas

 

Todas aquelas persoas que queiran acudir a ver os adestramentos e un taekwondo do máis alto nivel, poderán facelo de forma totalmente gratuíta (xoves de tarde e venres en horarios de mañá e tarde no Pavillón Alcalde Torres Colemer de Palmeira e sábado e domingo no Pavillón Santa Irene de Porto do Son en horarios de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00).

 

 

Máis de 100 deportistas, entre eles hai  medallistas estatais e internacionais, están inscritos no Campionato Galego Absoluto de Combate que se celebrará o sábado 19 de decembro en Noia. Este torneo é, coma todos os anos fundamental, xa que servirá para conformar a selección galega que participará no Campionato de España.

 

En total no Campionato Galego Absoluto competirán 23 clubs galegos, 102 deportistas (41 mulleres e 61 homes), 25 árbitros e case 50 adestradores. A actividade comezará ás 09:00 horas e finalizará a última hora da mañá.

 

Poderemos gozar cun grande espectáculo neste campionato, xa que entre os inscritos están importantes deportistas, con medallas tanto a nivel nacional coma internacional como Katia Calvar (Mat´s) ou Sabela López (Patiño), que acaban de acadar a medalla de ouro no último campionato de España de clubs. Na categoría masculina hai homes tan destacados coma Xián Silva (Mace Sport) que acadou a medalla de bronce no Europeo sub 21 hai unhas semanas; David Ansede (Natural Sport), ouro no campionato de España de clubs; Pablo Fernández Eiras (Mace) ou Fernando Rascado (Natural), entre outros moitos.

Página 44 de 55