Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Open Internacional Cidade de Pontevedra coa participación de case 1.200 taekwondistas.

A continuación tedes os resultados en todas as modalidades.

Sábado, 31 Octubre 2015 00:00

Día de loito no taekwondo galego

A Federación Galega de Taekwondo quere sumarse a dor do noso secretario xeral Juan Caínzos, que no día de hoxe perdeu ao seu pai. O aterramento terá lugar mañá domingo 1 de novembro ás 16:00 horas no Ceminterio de Vilasantar.

Todo o taekwondo galego quere manifestar o seu cariño ao noso compañeiro e acompañalo a el e a súa familia neste complicado e doloroso momento.

Esta fin de semana (31 de outubro e 1 de novembro) celebrarase o XVIII Open Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra coa participación de case 1.200 deportistas de 74 clubs de España e Portugal das modalidades de combate, técnica e exhibición.

O sábado celebrarase a competición de combate en dobre sesión (pola mañá as categorías infantil, absoluta e máster, mentres que pola tarde sairán ao tapiz as categorías cadete e júnior) coa participación de 743 taekwondistas. Para acoller a competición instalaranse un total de 12 tapices.

O domingo celebrarase a modalidade de técnica e freestyle (214 deportistas) e exhibición (224).

Neste evento, organizado polo Mace Sport, utilizaranse ás últimas tecnoloxías, con petos e cascos electrónicos así coma o vídeo replay.

Miryam García (-63, Patiño) foi eliminada por Doris Pole (Croacia) na primeira rolda do Campionato de Europa Júnior que se está a celebrar en Letonia.

Non foi un bo combate para a galega, que non se sentiu cómoda no tapiz e caiu (4-7) contra a que, ao final, se proclamou subcampiona de Europa.

Así, rematou a participación dos nosos galegos (Adrián Pombo, Sara Cortegoso, Ainhoa Ramos e Miryam García) no Europeo júnior, nesta oportunidade sen medallas, pero cunha experiencia que pode ser positiva cara ao futuro e que lles permita seguir medrando e madurando coma deportistas.

Moito ánimo aos catro e a seguir traballando!

Adrián Pombo (-73, Natural Sport) quedou moi preto das medallas no Europeo Júnior de Taekwondo, que se está a celebrar en Letonia estes días. Pola súa banda, Sara Cortegoso (-46, Mace) caeu na primeira rolda.

O deportista do Natural gañou o primeiro combate contra o alemán Andreas Tausch (3-2), mentres que caeu nos cuartos de final contra o italiano Fabio Ventola nun emocionante combate (7-8).

Tamén competiu hoxe Sara Cortegoso (Mace Sport), pero sen fortuna. Caeu contra Giuliana Federici (Alemaña) por 5-9.

Mañá será o momento de Miryam García (-63, Patiño).

Non tivo sorte a nosa representante Ainhoa Ramos (-68, Luar) na súa participación no Europeo Júnior de Combate que se está a disputar en Letonia.

A galega caeu na primeira rolda fronte á grega Aikaterini Tzellou, nun apertado combate que se resolveu pola mínima (2-1). Esta era a primeira experiencia internacional de Ramos, mentres que a súa rival xa participara no Mundial da categoría o pasado ano. FinalmenteTzellou acadou a medalla de bronce.

Mañá competirán os outros tres deportistas galegos presentes no Europeo: Adrián Pombo, Sara Cortegoso e Miryam García.
Moita sorte para tod@s!

Catro deportistas galegos (Adrián Pombo, Sara Cortegoso, Miryam García e Ainhoa Ramos) participarán no  Campionato de Europa Júnior de Combate, que se está a celebrar en Daugavpils (Letonia)  entre os días 20 e 26 de outubro.

 

Os nosos taekwondistas xa se atopan en Letonia, onde competirán o venres 23 (Ainhoa) e sábado 24 (Adrián, Sara e Miryam). Estes catro  deportistas acadaron a súa clasificación para o Europeo ao proclamarse campións de España júnior nos seus respectivos pesos. Ademais, Sara fixo unha preselección contra a valenciana Tamara Miquele, que era medallista mundial, pero a pontevedresa logrou a praza.  

 

A pesar da idade, os nosos representantes xa teñen certa experiencia internacional, que pode ser fundamental. Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) acadou no ano 2014 a medalla de bronce no Europeo sub 21 con só 16 anos. Pola súa banda, Adrián Pombo (-73, Natural Sport) participou o pasado ano no Mundial cadete e logrou este ano a prata no Open de Polonia. Ademais, Miryam García (-63,Patiño) participou no Europeo cadete 2013, no que quedou a un paso das medallas e pelexando coa man rota nese último combate. E por último, sinalar que Ainhoa Ramos (-68, Luar), que debuta a nivel internacional, ademais de proclamarse campioa de España júnior, logrou o bronce en sub 21.

 

No campionato de Europa da categoría júnior están inscritos un total de 448 deportistas e 196 técnicos. Os deportistas galegos estiveron preparándose estas semanas para participar no Europeo nas mellores condicións posibles. Adrián Pombo é o máis novo dos catro galegos (aínda lle quedan dous anos de júnior), mentres que a Miryam un ano máis. Para Ainhoa e Sara esta será a súa última tempada nesta categoría.

 

 

Esta fin de semana (24 e 25 de novembro) celebraranse as catro fases provinciais de técnica adulto e infantil da Copa Deputación na que participarán preto de 2.000 persoas, entre deportistas, técnicos e árbitros. Estas competicións son clasificatorias para a fase autonómica, que terá lugar o día 7 de novembro en Vilalba. Logran a súa clasificación 1/3 dos participantes  nas provinciais.

 

A fase provincial de Pontevedra será a que congregue a maior número de deportistas, cun total de 532 (438 infantís e 94 adultos). A proba, organizada polo Mace Sport, celebrarase o sábado 24 (a partir das 09:00 horas) no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, no que se instalarán un total de sete tapices para acoller a competición.

 

A fase provincial de Lugo –organizada pola Escola Lucense- terá lugar no Pazo dos Deportes de Lugo con 262  participantes (178 na categoría infantil e 84 en adultos) o sábado a partir das 10:00 horas. E a fase de Ourense celebrarase ese mesmo día 24 no pavillón Paco Paz (Ourense) con 80   taekwondistas inscritos (10:00 h). Esta fase será organizada polo Couto e terá 55 nenos e 23 adultos.

 

A proba da Coruña, que se celebrará en Porto do Son organizada polo Natural Sport, será a única que terá lugar o domingo 25 (09:00 horas) coa participación de 413 taekwondistas (352 nenos e 61 adultos).

 

A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes, xa que o obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. Estas probas son patrocinadas polas deputacións provinciais e organizadas pola Federación Galega de Taekwondo en colaboración cos clubs Natural Sport Riveira (A Coruña), Escola Lucense de Taekwondo (Lugo), Couto (Ourense) e Mace Sport (Pontevedra).

 

 

 

 

 

 

 

A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) caeu nos dezaseisavos de final da terceira serie do Grand Prix en Manchester.

Lúa comezou a competición contra Carla Summershill (Gran Bretaña) e logrou a vitoria por 1-3. Posteriormente enfrontouse á turca Nur Tatar, quen foi mellor que a galega neste combate.

Moito ánimo e a seguir traballando Lúa!

A selección galega de taekwondo acadou o primeiro posto por equipos no Open Profesional de Taekwondo de Torrevieja. O equipo convocado pola Federación Galega acadou un total de 36 medallas nas categorías cadete, júnior e absoluta. A Federación Galega foi a mellor nas categorías cadete e júnior, tanto masculina coma feminina.

Na categoría cadete, as e os deportistas galegos lograron 7 ouros, 6 pratas e 4 bronces, que se repartiron da seguinte maneira:

Os ouros foron para Elena Currás (-33), Alba Muñiz (-41), Elena Pérez (-44), Arlet Ortiz (-51), Uxía Rodríguez (-55), Katia García (+59) e Alba Vidal (-59). As pratas foron acadadas por Alejandro Paz (-41), Luis Silva (-33), Miguel Lamelo (-49), Sergio Gonzalo (-53), María Ping (-37) e María González (-47). Por último, os bronces de David Carrión (-37), Rodrigo Varela (-57), Alejandro Lema (-61) e Brian Franco (+65).

Na categoría júnior as preseas galegas foron 15 (7 ouros, 3 pratas e 5 bronces). A primeira posición do podio foi para Gemma Paz (-52), Lara Pazos (-63), Iván Vagner (-55), Gabriel García (-67), Rubén Troitiño (-73), Anxo Fernández (+78) e Alberto Verea (-51). Tamén houbo tres pratas para Ainoa García (-52), Sabela García (-55) e Sofía Pérez (+68). Por último, destacar os bronces de Cristina Otero (-42), Miguel Orro (-48), Abel Seoane (-63), Alejandro Acuña (-78) e Lorena Pardo (-68).

Foi na categoría sénior na que houbo menos premios para o equipo galego (tamén menor participación). En total catro medallas (2 bronces e 2 pratas). Manuel Parada (-68) e Iván García (-80) foron pratas, mentres que Mariña Estévez (-49) e Marta Iglesias (-57) acadaron os bronces.

Página 47 de 55