Jueves, 22 Octubre 2015 00:00

Case 1.300 deportistas participarán esta fin de semana nas fases provinciais da Copa Deputación

Written by
Rate this item
(0 votes)

Esta fin de semana (24 e 25 de novembro) celebraranse as catro fases provinciais de técnica adulto e infantil da Copa Deputación na que participarán preto de 2.000 persoas, entre deportistas, técnicos e árbitros. Estas competicións son clasificatorias para a fase autonómica, que terá lugar o día 7 de novembro en Vilalba. Logran a súa clasificación 1/3 dos participantes  nas provinciais.

 

A fase provincial de Pontevedra será a que congregue a maior número de deportistas, cun total de 532 (438 infantís e 94 adultos). A proba, organizada polo Mace Sport, celebrarase o sábado 24 (a partir das 09:00 horas) no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, no que se instalarán un total de sete tapices para acoller a competición.

 

A fase provincial de Lugo –organizada pola Escola Lucense- terá lugar no Pazo dos Deportes de Lugo con 262  participantes (178 na categoría infantil e 84 en adultos) o sábado a partir das 10:00 horas. E a fase de Ourense celebrarase ese mesmo día 24 no pavillón Paco Paz (Ourense) con 80   taekwondistas inscritos (10:00 h). Esta fase será organizada polo Couto e terá 55 nenos e 23 adultos.

 

A proba da Coruña, que se celebrará en Porto do Son organizada polo Natural Sport, será a única que terá lugar o domingo 25 (09:00 horas) coa participación de 413 taekwondistas (352 nenos e 61 adultos).

 

A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes, xa que o obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. Estas probas son patrocinadas polas deputacións provinciais e organizadas pola Federación Galega de Taekwondo en colaboración cos clubs Natural Sport Riveira (A Coruña), Escola Lucense de Taekwondo (Lugo), Couto (Ourense) e Mace Sport (Pontevedra).

 

 

 

 

 

 

 

Read 1168 times Last modified on Jueves, 22 Octubre 2015 11:47
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.