×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Miércoles, 18 Marzo 2015 00:00

Universidade de Vigo - Convocatoria 29/03/15

Written by
Rate this item
(0 votes)

CONVOCADAS PROBAS SELECCIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Quedan convocadas e convocados todos/-as os taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas selecctivas que se realizarán o vindeiro  domingo 29 de marzoás 11.00  no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, para configurar o equipo que representará a esta Universidade nos próximos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo  que se celebrarán en Los Alcázares (Murcia)os días 24 (pesaxes) e 25 (competición) de abril. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.

A continuación achegamos os criterios de selección. 

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE TAEKWONDO 2015 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Que a participación confirmada de universidades sexa como mínimo a establecida polo CSD para que a competición teña a consideración de Campionato de España Universitario:

“En categoría masculina, será necesaria la participación de, al menos, 20 Universidades que representen, al menos, a 7 CCAA. En categoría femenina será necesaria la participación de, al menos, 12 Universidades que representen, al menos, a 5 CCAA”.

Que o custe económico da participación non exceda o máximo establecido pola Comisión de Extensión Universitaria para o curso 2014/2015.

COMPOSICIÓN DO EQUIPO

O equipo representativo da Universidade de Vigo estará integrado como máximo por un alumno e unha  alumna por cada un dos oito pesos que inclúe o programa de competición (16 en total). En caso de que o regulamento o permita, poderase dobrar cada peso, segundo os ouros obtidos no CEU anterior.

REQUISITOS

Ser alumno de primeiro, segundo, terceiro ciclo ou doutros títulos de carácter oficial da Universidade de Vigo durante o curso 2014/15.

 

Poñer en coñecemento da Área de Deportes a súa intención de participar cunha antelación mínima de 45 días antes da data de inicio da competición.

 

Estar en posesión do grao de cinto marrón. Participar nas probas de selección que se convoquen dende o Servizo de Deportes. En caso de non facelo, deberá presentarse xustificación por escrito desta ausencia, que será valorada pola Área de Deportes atendendo a problemas de saúde, académicos ou de forza maior.

 

CRITERIOS

Con carácter xeral seleccionaranse os gañadores das probas de selección en cada un dos pesos e categorías (masculina e feminina).

Atendendo aos seus resultados nas últimas probas oficiais ou á súa traxectoria deportiva, poderán seleccionarse outros deportistas que non participasen nas probas de selección e que xustificasen a súa ausencia.

A Área de Deportes resérvase o dereito a non seleccionar ningún deportista en caso de escasa participación ou baixo nivel nas probas de selección nos pesos e categorías que se estimen segundo o criterio do responsable técnico.

RESPONSABLE TÉCNICO

Corresponderá ao responsable da sección de Taekwondo da Área de Deportes a aplicación e verificación dos requisitos e criterios establecidos así como a dirección das probas de selección.

Criterios aprobados pola Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes na súa reunión do día 12-02-2015

Read 1151 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.