Lunes, 16 Marzo 2015 00:00

Boa actuación da selección galega no Open de Holanda

Written by
Rate this item
(0 votes)

Bo traballo da selección galega que se desprazou ata Eindhoven para participar na 42 edición do Open de Holanda (G-2). Na categoría júnior, Sara Cortegoso logrou a medalla de prata, mentres que en adultos, Lúa Piñeiro foi a que estivo máis preto do podio, ao caer nos cuartos de final.

Prata para Sara Cortegoso. A galega Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) logrou o venres a medalla de prata no Open de Holanda (categoría júnior). En primeira rolda Sara superou a Seyma Catalbas (Alemaña) por un claro 18-9. Posteriormente, eliminou a Youssra El Boujjoufi (8-7) e nas semifinais a Ana María Kovcalija (Croacia) por  3-2. So caeu na final contra Luca Patakfalvy (Hungría) nun espectacular combate (10-14). Merecida medalla para Sara.

Ademais, tamén participaron na categoría júnior:

- Javier González (-63, Mace Sport): Gañou a Alemaña (19-9) e perdeu no segundo combate fronte a Noruega (6-8).

- Myriam García (-63, Patiño): Triunfo fronte a Holanda en punto de ouro e caeu contra Serbia (5-6).

- Laura Dosil (-59, Natural): Vitoria contra Alemaña (4-1) e perdeu contra Polonia (7-10).

Categoría sénior. Dos galegos que participaron o sábado no Open de Holanda foi Lúa Piñeiro a que estivo máis preto do podio. A taekwondista do Natural chegou aos cuartos de final, onde caeu fronte á rusa Katerina Derbeneva por un apertado 2-1. Lúa (-67) gañou en primeira rolda a Cristiana Rizzelli (Italia) por 3-0 e posteriormente á finlandesa Rossa Narhi (9-0).

No mesmo peso, Katya Calvar (Mat´s) gañou o primeiro combate contra á checa Iveta Jirankova (2-1) e caeu fronte a deportista de Exipto Seham Elsawalhy (número 4 do ranking) por 3-8.

Por último, sinalar que o sábado tamén competiu Borja Ríos (-59, Hebe), que caeu no primeiro combate de forma moi axustada contra o representante ruso Ilia Batrakov (8-7).

Domingo. Na última xornada do torneo participaban Xián Silva (Mace Sport) e José Fernández (Natural Sport), ambos en -74 quilogramos. Silva fixo un bo torneo no Open de Holanda, ao lograr gañar dous combates.

O pontevedrés superou a primeira rolda tras gañar a un taekwondista holandés (18-5), e posteriormente eliminou ao representante de Chipre (6-4). No terceiro combate tiña un duro rival, o representante iraní, que foi o que ao final logrou a medalla de ouro, e caeu eliminado (7-1).

Pola súa banda, José Fernández (-74, Natural Sport) caeu no primeiro combate contra Serbia (6-4).

Read 1181 times Last modified on Lunes, 16 Marzo 2015 17:38
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.