Jueves, 12 Noviembre 2015 00:00

Marín acolle o 14 de novembro a final do Circuíto Profesional de Taekwondo Featured

Written by
Rate this item
(0 votes)

Marín acollerá o sábado 14 de novembro a final do Circuíto Profesional de Taekwondo, no que Galicia buscará o título. A selección galega, que está formada por case 50 deportistas, lidera a Liga nas categorías cadete (masculina e feminina), júnior (masculina e feminina) e sénior (masculina).

 

Este circuíto profesional celebra a súa primeira edición no presente ano e ten como obxectivo facer un gran espectáculo, iso si baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo, con petos electrónicos, vídeo-replay e árbitros nacionais e internacionais. Esta terceira xornada da Liga terá lugar no Pavillón Deportivo da Raña, sendo as preliminares pola mañá e as semifinais e finais pola tarde. Como grandes novidades, as pistas octogonais, e o espectáculo de luces e son previsto na sesión de tarde/noite, cando se disputarán as semifinais e finais.

 

O circuíto, organizado pola UPT (Universal Professional Taekwondo) e as federacións autonómicas de Castela e León, Valencia e Galicia, está formado por tres probas: Zamora (xuño); Torrevieja (outubro) e Marín, onde ten lugar a gran final.

 

Galicia lidera. Trala disputa das dúas primeiras xornadas, Galicia lidera a clasificación nas categorías cadete (masculina e feminina), júnior (masculina e feminina) e sénior (masculina).

 

Galicia logrou un triunfo incontestable no Open Profesional de Taekwondo de Zamora, que se celebrou o sábado 14 de xuño. Os equipos cadete, júnior e sénior acadaron a primeira posición na clasificación xeral por equipos. Na segunda xornada, en Torrevieja, a selección galega de taekwondo logrou o primeiro posto por equipos. A Federación Galega foi a mellor nas categorías cadete e júnior, tanto masculina coma feminina.

 

No seguinte enlace, tedes a convocatoria galega para Marín:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1637-seleccion-galega-para-professional-tkd-open-3-3-marin

 

Read 1386 times Last modified on Viernes, 13 Noviembre 2015 10:44
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.