×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Lunes, 10 Octubre 2016 00:00

Circular 28/2016. Curso de árbitros de combate

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 28/2016

 

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.

 

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE ATA NACIONAL.

 

DATA: SÁBADO, 22 OUTUBRO 2016.

 

LUGAR: Centro Galego de Tecnificación Deportiva – PONTEVEDRA.

 

HORARIOS: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

 

INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, APLICACIÓN WEB REMITINDO ORIXINAIS ASINADOS COA COPIA DO DNI – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HORAS DO 18/10/2016. ORIXINAIS NA FGT ANTES DESA DATA.

*NON se admitirán inscricións sen licencia nacional solicitada no momento da tramitación inicial.

 

CUOTAS DO CURSO:

 

  • Xuiz Cronometrador.…………………….. 60,00 Euros
  • Árbitro Rexional …………………….…… 95,00 Euros
  • Árbitro Nacional ……………………….… 160,00 Euros
  • Reciclaxe:

Árbitros, Monitores e Adestradores   

COLEXIADOS COMO ÁRBITROS --------- GRATIS

NON COLEXIADOS COMO ÁRBITROS ------ 20 Euros

 

TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:

 

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto AZUL.-Idade 14 anos cumpridos.

 

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador.

 

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.

 

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

 

Para Xuiz Cronometrador

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

- Ter licencia federativa do presente ano 2016.

-Cinto AZUL.

 

 

 

 

Para Árbitro Rexional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 1º DAN.

- Título de xuiz cronometrador – 1 ano

- Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

- Ter licencia federativa do ano 2016

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

 

Para Árbitro Nacional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 2º DAN.

- Título de árbitro rexional – 1 ano

- Colexiación en vigor de árbitro rexional.

- Ter licencia federativa do ano 2016.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

É imprescindible para se presentar ao curso pertencer a clube afiliado a esta FGT no ano 2016 e contar con licencia nacional tramitada (non se admite o trámite xunto coa inscrición).

 

MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta, regulamento IMPRESO E ESTUDIADO, e bolígrafo. Todo-los cursillistas deberán acudir en dobok ó curso.

 

Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.

En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso.

 

Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.

 

Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2016 e enviar o impreso de inscrición (aplicación web) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe.

 

É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO A TRAVÉS DA WEB E ASINADO EN ORIXINAL XUNTANDO DNI.

                                                                                                               A Coruña, a 7 de outubro de 2016.

Read 1440 times Last modified on Miércoles, 12 Octubre 2016 16:10

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.