×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Sábado, 15 Octubre 2016 00:00

Circular 29/2016. Copa Deputación

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 29/2016CIRCULAR Nº 29/2016
ASUNTO: COPA DEPUTACIÓN E XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICAFases Provinciais - Infantís e Adultos E AUTONÓMICA

 

COPAS DEPUTACIÓN DE TÉCNICA 2016
  • A CORUÑA – DOMINGO 06/11/16 – PAVILLÓN MUNICIPAL DE CALO – TEO A PARTIRES DAS 10.00 HORAS.
  • LUGO – SÁBADO 05/11/16 – PAVILLON MUNICIPAL DE TABOADA (CTRA. AGRO REDONDO S/N - 27550 TABOADA) – A PARTIRES DAS 10.00 HORAS.
  • OURENSE – SÁBADO 05/11/16 – PAVILLÓN PACO PAZ – A PARTIRES DAS 10.00 HORAS.
  • PONTEVEDRA – SÁBADO 05/11/16 – PENDENTE DE CONFIRMAR SEDE.


DESTINATARIO: TÓDOLOS CLUBES E XIMNASIOS.Pola presente convócase a tódolos clubes das provincias para a celebración da COPA DEPUTACIÓN DE TAEKWONDO – FASES PROVINCIAIS Categorías Infantil e Adultos.
NOTA IMPORTANTE.- A INSCRICIÓN ABRIRASE O LUNS 17/10/2016. OS COMPETIDORES PARTICIPARÁN NA COPA CO GRAO QUE CONSTE NO SISTEMA Ó LUNS DÍA 17 ás 13.00H. NON SE ADMITIRAN CAMBIOS DE GRAO CON POSTERIORIDADE A ESTA DATA.
A competición desenvolverase seguindo a normativa aprobada en Asamblea Xeral de 2016, incluíndo a non limitación de participantes. Están vixentes as modificacións aprobadas na Asamblea Xeral de febreiro de 2016 
(VER REGULAMENTO APARTADO REGULAMENTOS DA WEB).
Poderán participar tódolos deportistas federados pertencentes a clubes dados de alta e que estean ó corrente das súas obrigas coa Federación Galega de Taekwondo.
Os organizadores das fases provinciais deberán de comunica-los resultados da competición no luns seguinte á celebración á FGT (POR MAIL). A omisión de ditas comunicacións implicará a imposibilidade de participar na COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA.
As inscripcións deberán de ser cursadas (ANTES DAS 13.00 horas DO VENRES 21 DE OUTUBRO) a través da aplicación web. Cada clube deberá custodiar as autorizacións paternas dos competidores, que deberá poñer a disposición da FGT se fosen requeridas.NON ESTÁ ACTIVADO O FILTRO DE GRAO POLO QUE PREGAMOS TEÑAN EN CONTA A CIRCULAR PARA INSCRIBIR ÓS DEPORTISTAS SEGUNDO AS IDADES E GRAOS CORRESPONDENTES.
Este evento CELEBRARASE o SÁBADO DÍA 5 DE NOVEMBRO nas provincias de Ponvedra, Lugo e Ourense e o domingo 6 A Coruña según os seguintes datos:
o PROVINCIA DE A CORUÑA – Pavillón Municipal de Teo.Ximnasio WellnessCOLABORA EXCMA. DEPUTACIÓN DA CORUÑA.o PROVINCIA DE LUGO – PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.      Ximnasio …
       COLABORA EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO

 

o PRPROVINCIA DE OURENSE – PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.      Ximnasio …    COLABORA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE  

 

o PPROVINCIA DE PONTEVEDRA      Ximnasio …COLABORA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA  1. CATEGORÍAS:
A Copa de Técnica contará de dúas categorías: 
1.1. AMATEUR
1.1.1 Copa Deputación (de ambito provincial)
1.1.2 Copa Xunta de Galicia (de ámbito autonómico). Accederán a ela un tercio da participación real de cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, se houbera menos de 12 participantes clasificarán os catro primeiros.
1.2. COMPETITIVA 
Puntuable / clasificatorio para os Campeonatos de España (Presentación DNI obligatorio)
1.2.1. Copa Deputación Infantil (de ambito provincial). Poderán inscribirse un máximo de tres deportistas por categoría e clube.
1.2.2. Copa Xunta de Galicia de Técnica Infantil (de ámbito autonómico). Accederán a ela a metade da participación real en cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, se houbera menos de 8 participantes clasificarán os catro primeiros.
1.2.3. Copa Xunta de Galicia de Técnica Adulto (de ámbito autonómico). Poderán inscribirse un máximo de tres deportistas por categoría e clube.

2. NORMATIVA DE PARTICIPACIÓN2.1 A participación será individual.2.2 A indumentaria dos participantes será exclusivamente Dobok e Ti
2.3 CATEGORÍA AMATEUR: Poderán participar en categoría AMATEUR: tódolos deportistas de categoría infantil (ata 14 anos cumpridos no ano en curso) con licencia federativa en vigor e que pertenzan a un clube federado; así como na categoría de adultos poderán participar tódolos deportistas federados que teñan 14 ou máis anos cumpridos no ano en curso.Os deportistas que participen en categoría Amateur non poderán participar en Categoría Competitiva e os deportistas que participen en infantil tampouco poderán participar na categoría de adultos.O número de participantes na Copa Deputación Amateur será ilimitado. Á Copa Xunta Amateur accederán a un tercio da participación real en cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, sempre clasificándose mínimo os catro primeiros.
2.3.1. CATEGORÍAS:2.3.1.1 As categorías A, B e C infantil serán mixtas.2.3.1.2. As categorías D e E dividiranse en Feminina e Masculina cada unha delas.2.3.1.3. CATEGORIAS INFANTIS AMATEURA-Dividiranse en cinco grupos de idade que se computarán por ano natural.i. Categoría A: ata 6 anos cumpridos no ano en cursoii. Categoría B: de 7 a 8 anos cumpridos no ano en cursoiii. Categoría C: de 9 a 10 anos cumpridos no ano en cursoiv. Categoría D: de 11 a 12 anos cumpridos no ano en cursov. Categoría E: de 13 a 14 anos cumpridos no ano en cursoB. Cada categoría subdividirase segundo os graos nas seguintes sucategorías:i. Categoría A1. A1: branco e branco-marelo2. A2: marelo e marelo-laranxa3. A3: laranxa e laranxa-verdeii. Categoría B1. B1: branco, branco-marelo e marelo2. B2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde3. B3: verde e verde-azuliii. .Categoría C1. C1: branco, branco-marelo e marelo 2. C2: marelo-laranxa e laranxa3. C3: laranxa-verde e verde4. C4: verde-azul e azul5. C5: azul-marrón e marróniv. Categoría D (Subcategorías Feminina e Masculina)1. D1: branco, branco-marelo e marelo2. D2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde3. D3: verde e verde-azul4. D4: azul, azul-marrón e marrón5. D5: 1º Pumv. Categoría E (Subcategorías Feminina e Masculina)1. E1: branco, branco-marelo e marelo2. E2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde3. E3: verde e verde-azul4. E4: azul, azul-marron e marrón5. E5: 1º e 2º PumOs deportistas que accedan á Copa Xunta terán que facelo na mesma categoría naque participaron na Copa Deputación da súa provincia.

2.3.1.4. CATEGORÍAS DE ADULTOS AMATEURA. Dividiranse en catro grupos de idade que se computarán por ano natural.Diferenciaranse as subcategorías Feminina e Masculina.i. Categoría A: de 14 a 17 anos cumpridos no ano en cursoii. Categoría B: de 18 a 30 anos cumpridos no ano en cursoiii. Categoría C: de 31 a 40 anos cumpridos no ano en cursoiv. Categoría D: 41 anos ou máis cumpridos no ano en cursoB.. Cada categoría subdividirase segundo os graos nas seguintes subcategorías:i. Categoría A1. A1: branco e marelo2. A2: laranxa e verde3. A3: azul e marrón4. A4: 1º, 2º e 3º Pum5. A5: 1º e 2º Danii. Categoría B1. B1: branco e marelo2. B2: laranxa e verde3. B3: azul e ,marrón4. B4: 1º e 2º Dan5. B5: 3º Dan e superioresiii. Categorías C e D: subdividiranse de xeito igual á categoría BOs deportistas que accedan á Copa Xunta terán que facelo na mesma categoría naque participaron na Copa Deputación da súa provincia.
2.3.2. PUMSES CATEGORÍA AMATEURA realización dos pumse terá en conta os límites establecidos polo seguinte baremo:i. Categorías Infantis1. Branco Taeguk I Chang2. Amarelo Taeguk Sam Chang3. Laranxa Taeguk Sa Chang4. Verde Taeguk Yuk Chang5. Azul Taeguk Chil Chang6. Marrón Taeguk Pal Chang7. 1º, 2º Pum KoryoOs graos intermedios tomarán como referencia o pumse establecido para ograo inmediatamente inferior.ii. Categoría de Adultos1. Branco e Amarelo Taeguk Sam Chang2. Laranxa e Verde Taeguk Yuk Chang3. Azul e Marrón Taeguk Pal Chang4. 1º, 2º e 3º Pum Kumgang5. 1º e 2º Dan Taebek6. 3º Dan e sup. Ilyo
2.4. CATEGORÍA COMPETITIVA:
2.4.1. Copa Deputación e Copa Xunta de Galicia de Técnica Infantil 
2.4.1.1. CATEGORÍAS INFANTÍS COMPETITIVAS
BENXAMÍN: Grao mínimo Amarelo/Laranxa.ALEVÍN: Grao Mínimo Laranxa/Verde. INFANTIL: Grao mínimo Verde/Azul.CADETE: Grao Mínimo Azul/Marrón. 
Os clubes poderán inscribir 3 competidores por categoría e sexo. Só se permite a participación en representación de clubes afiliados á FGT (clube principal e asociados, non ESCOLAS EXTERNAS).Como o campeonato é puntuable para o ano seguinte haberá que inscribir aos deportistas na categoría que competirán durante a tepada do ano seguinte (EX: un neno que en novembro aínda é prebenxamín de último ano, anotarase xa como benxamin para que poida puntuar de cara a súa temporada que será en categoría benxamín) 
A competición réxese polo regulamento oficial 
2.4.1.2. CLASIFICACIÓN:O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).
2.4.2. Copa Xunta de Galicia de Técnica Adulto (de ámbito só autonómico) Poderán inscribirse un máximo de tres deportistas por categoría e clube.Poderán participar tódolos deportistas federados que ostenten como mínimo o 1º Pum  ou 1º Dan. A inclusión nas categorías farase por ano natural.
A competición réxese polo regulamento oficial 
2.4.2.1. CATEGORÍAS ADULTOS COMPETITIVAS
Cadete Masculino de 11 a 13 anosCadete Femenino de 11 a 13 anosJunior Masculino de 14 a 16 anosJunior Femenino de 14 a 16 anosSénior 1 Masculino Menos de -30 anos (17-29 anosSénior 1 Femenino Menos de -30 anos (17-29 anosSénior 2 Masculino Menos de -40 anos (30-39 anos)Sénior 2 Femenino Menos de -40 anos (30-39 anos)Master 1 Masculino Menos de -50 anos (40-49 anos)Master 1 Femenino Menos de -50 anos (40-49 anos)Master 2 Masculino Menos de -60 anos (50-59anos)Master 2 Femenino Menos de -60 anos (50-59anos)Master 3 Masculino Menos de -65 anos (60-64 anos)Master 3 Femenino Menos de -65 anos (60-64 anos)Master 4 Masculino Más de 65 (65 anos o más)Master 4 Femenino Más de 65 (65 anos o más)3. AREA DE COMPETICIÓNa. O tamaño da área de competición adaptarase ás necesidades do evento. En todo caso será tapiz de competición.b. O número de áreas de competición será establecido polos organizadores en funcións do número de participantes e xuices dispoñibles.
4. SISTEMA DE COMPETICIÓNa. A orde de participación decidirase por sorteo.b. Os deportistas  da categoría Amateur realizarán dúas rondas sen que a primeira sexa eliminatoria. Os deportistas da categoría Competitiva seguirán o regulamento oficial tanto na categoría infantil como adulto. Infantil: tres pumses con nota sumatoria das tres rondas. Os adultos realizarán dous pumses na final e a suma deles será a nota que decida ós gañadores.c. Os nenos e nenas da categoría Amateur A poderán realizar na primeira ronda un Kibón (kicho) en caso de que non coñezan dous pumse.d. Para o resto das categorías realizarase obrigatoriamente un pumse diferente en cada ronda.
5. SISTEMA DE ARBITRAXEa. O xurado estará composto por cinco xuices de cadeira (puidendose modifica-lo número de xuices nas fases provinciais polas necesidades de organización). O xuices será inscritos polos clubes participantes nas fases provinciais e serán nominados pola FGT na fase autonómica.b. O uniforme será o establecido para as competicións de técnica: camisa branca, pantalón gris, americana azul mariño, corbata azul e calzado deportivo branco.c. Os xuíces puntuadores serán nominados, preferentemente, entre os titulados e colexiados.d. Unha mesma categoría será valorada polo mesmo equipo de xuíces ata finalizar.
6. SISTEMA DE PUNTUACIÓN:
6.1. AMATEURa. A puntuación será sobre un máximo de 10 tendo en conta que cada número enteiro se pode dividir en décimas.b. A puntuación será amosada ó xuiz anotador inmediatamente despois de finaliza-la súa actuación cada deportista e amosada ó público xirando a carpeta de puntación.c. Terase en conta o grao de dificultade do pumse executado en función do grao do deportista.d. Eliminaranse a puntuación máis alta e máis baixa das 5 para suma-los totais das outras 3 puntuación e obte-la nota final.e. No caso de que haxa menos de 5 xuices non se eliminará ninguna puntuación.f. En caso de empate valoraranse as puntuacións eliminadas (a máis alta e a mais baixa). Se continúa o empate resolverase a favor do deportista con menor graduación. No caso de persisti-lo empate resolverase a favor do deportista máis novo na categoría infantil e do de maior idade na categoría de adultos, salvo na categoría A, que será tamén o menor.g. O baremo para aplica-la puntuación será fixado polo Comité Organizador e será o mesmo para toda a competición.
6.2. COMPETITIVOAplicarase o regulamento WTF.
7. PROCEDEMENTO DE PROTESTAa. As protestas presentaranse por escrito, previo pago de trinta (30) €uros e soamente se aceptarán as relativas a erros na suma das puntuacións.b. Nos casos non relacionados no presente regulamento tomarase como subsidiario o Regulamento Disciplinario da FGT.

Para calquera consulta relativa a este evento, poñerse en contacto con Dn. Noelia Pérez, Directora Técnica da FGT. Teléfono: 620550900 ou con Esperanza Meilán 600550618.
A Coruña, 11 de OUTUBRO de 2016
    O SECRETARIO XERAL
             Juan Carlos Caínzos Gómez
NOTAS IMPORTANTES – LER
É imprescindible que cada clube participante aporte dous árbitros que deberán inscribirse a través da aplicación web e remitir os nomes a Esperanza Meilán Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ., polo menos, para a realización deste evento, quedando excluido da participación de NON cumplir este requisito. Notifiquen o nome dos árbitros confirmando asistencia ó organizador por correo electrónico. En caso de baixa, a responsabilidade de ter sustituto é do clube participante.Prégase a todo-los directores de clubes que manteñan unha actitude acorde cos obxetivos da actividade: de Promoción do Taekwondo, positiva, de ánimo e apoio á todo-los participantes deixando nun segundo plano a rivalidade deportiva neste evento que quere ser unha Festa do Taekwondo.
OS CLUBES DEBERÁN CUSTODIAR AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS DOS MENORES (ASÍ O CERTIFICAN COA INSCRICIÓN) E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE LLE FOSEN REQUERIDAS, INCLUSO DESPOIS DA COMPETICIÓN DURANTE UN PRAZO MÁXIMO DE 30 DÍAS.
ASUNTO: COPA XUNTA DE GALICIA DE TAEKWONDOFASE AUTONÓMICAOrganizan os clubes de Carballiño e colabora o Exmo. Concello de Carballiño. Data: SÁBADO 19/11/2016.

Read 1347 times Last modified on Martes, 25 Octubre 2016 09:56

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.