Circular 12/2011
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES AFILIADOS.
ASUNTO: Curso de Titulación de Monitor, Adestrador Autonómico y Adestrador-Mestre Nacional – ANO 2011. (Taekwondo / Hapkido).
Comunicamos a todo-los clubes que para poder celebrar os cursos de titulación deberá de contarse cun número mínimo de alumnos, requisito indispensable esixido pola Federación Española de Taekwondo.
Pola presente solicitamos envíen formulario web (ver enlace superior), antes do día 17 de maio de 2011, una PREINSCRICIÓN para ter unha previsión dos deportistas que estarían interesados en realizar estes cursos, que se celebrarían entre os días 11 e 30 do mes de xullo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Se nesta preinscripción se obten o nº mínimo de deportistas requeridos pola FET para poder realizar os cursos, convocaríase unha INSCRICIÓN OFICIAL definitiva o vindeiro mes de Xuño, na que se deberá remitir toda a documentación requerida na correspondente circular así coma o pago da cuota e folla de liquidación.
As cuotas son:
Nivel I - Monitor ----------------------------------- 320 €
Nivel II - Adestrador Autonómico----------- 375 €
Nivel III - Mestre Nacional --------------------- 690 €
Asignaturas Soltas ------------------------------- 74 €
NOTA IMPORTANTE: A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INFORMOUNOS QUE PRÓXIMAMENTE, É PROBABLE QUE IMPARTA O BLOQUE COMÚN DOS TRES NIVEIS, INDISPENSABLE PARA PODER CURSAR O ESPECÍFICO. EN CANTO DISPOÑAMOS DE MÁIS INFORMACIÓN ALOXARASE NA WEB E REMITIRASE ÓS CLUBES. Para máis información sobre o BLOQUE COMÚN ver www.deportegalego.eu
NOTA HAPKIDO: ESTAMOS PENDENTES DO PROGRAMA DE FORMACIÓN DE MONITORES DA FET PARA PODER CONVOCAR O NIVEL I – MONITOR DE HAKIDO, QUE NON SABEMOS SE VAI SER POSIBLE Ó DESCOÑECER OS REQUISITOS DE ACCESO QUE A FET ESTABLEZA (TITULACIÓNS ANTERIORES).
A Coruña, 26 de abril de 2011