DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN E COMBATE
DATA: Coruña, Lugo e Ourense: Sábado, 4 de xuño de 2011.
Pontevedra: Sábado, 11 de xuño de 2011.
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
A Coruña: CLUBE KWON. Pavillón Municipal. BETANZOS.
Pontevedra: CLUBE MACE SPORT. Pavillón Municipal. RIBADUMIA.
Lugo: CLUBE JANSU. Pavillóns Municipais de Rábade. RÁBADE.
Ourense: CLUBE COUTO. Pavillón dos Remedios. OURENSE.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:
a) ESPECIALIDADE DE EXHIBICIÓN:
A inscrición farase por equipo (3 equipos como máximo por categoría e entidade). En caso de que unha entidade teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 6 deportistas como mínimo e 9 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 1999 ata o 2002, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2003 por clube, non por equipo.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 1995-1996-1997-1998-1999-2000-2001, 2002.
* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego.
b) ESPECIALIDADE DE COMBATE:
ALEVÍN: nados nos anos 2000 – 1999.
INFANTIL: nados nos anos 1998 – 1997.
REGRAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:
Poderase inscribir un equipo masculino e outro femenino con un máximo de catro competidores por peso en cada categoría tanto masculina como femenina. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse
na categoría inmediatamente superior.
Grao mínimo:
Para a categoria alevín o grao mínimo e o amarelo-laranxa, tanto para a categoría masculina como feminina.
Para a categoría infantil o grao mínimo é o verde.
PESOS:
INFANTIL- Feminina Masculina
Minimosca -29kg -33kg
Mosca -33kg -37kg
Galo -37kg -41kg
Pluma -41kg -45kg
Lixeiro -44kg -49kg
Super lixeiro -47kg -53kg
Semimedio -51kg -57kg
Medio -55kg -61kg
Semipesado -59kg -65kg
Pesado +59kg +65kg
Alevín
ALEVÍN - Feminina Masculina
Minimosquito -27kg -27kg
Mosquito -29kg -29kg
Minimosca -31kg -31kg
Mosca -33kg -33kg
Minigalo -35kg -35kg
Galo -38kg -38kg
Minipluma -41kg -41kg
Pluma -44kg -44kg
Lixeiro -47kg -47kg
Superlixeiro -50kg -50kg
Semimedio -53kg -53kg
Medio -56kg -56kg
Semipesado -59kg -59kg
Pesado -62kg -62kg
Superpesado +62 +62
Pesaxe:
Na categoría infantil realizarase a pesaxe o día antes da competición nas sedes oficiais da FGT. Na categoría alevín realizarase a pesaxe o mismo día da competición dúas horas antes do comenzo da proba na misma sede do campeonato.
Os deportistas deberán de pesarse co uniforme oficial (dobok e cinturón).
Proteccións:
Son obrigatorias as proteccións que o regulamento da WFT establece (casco, protector de xenitais, proteccións de antebrazos e de espinillas, protector bucal, peto, guantillas de pés e de mans). Cada competidor deberá de levar as súas proteccións.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata o día 19 de maio. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO. OS DEPORTISTAS DEBERÁN TER A DOCUMENTACIÓN EN REGRA CANDO SE ABRA O PRAZO DE INSCRICIÓN.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de www.deporteescolargalego.com , nos prazos indicados.
MÁIS INFORMACIÓN NO REGULAMENTO DA WEB DO DEPORTE ESCOLAR:
http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/documentacion/2010_2011/1_deportiva/taekwondo.pdf
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE E EXHIBICIÓN.
DATA: Sábado, 18 de XUÑO de 2011.
LUGAR: Pavillón Municipal de Baiona. BAIONA (Pontevedra).- Organiza Servicio de Deportes de Pontevedra en colaboración co clube Kiap de Vigo.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO 07/06/2011 (13/06/2011 para Pontevedra), no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.
Máis información en: http://www.deporteescolargalego.com/
A Coruña, 25 de ABRIL de 2011.