Domingo, 05 Julio 2015 00:00

Bronce para Tania Castiñeira no Campionato de Europa Cadete

Written by
Rate this item
(0 votes)

Magnífica actuación dos nosos deportistas no Campionato de Europa de Combate Cadete que se disputou estes días en Estrasburgo. Hoxe Tania Castiñeira acadou o segundo bronce galego, mentres que Aitana Santomé fixo unha moi boa competición, a pesar de non lograr unha presea.

 

 Tania Castiñeira (+59, Hebe) librou a primeira rolda, para enfrontarse na segunda cunha durísima rival, a francesa Della Sassi, que o pasado ano lograra o subcampionato do mundo da categoría cadete en Azerbaián. Aínda así, a galega fixo un combate excepcional e superou á francesa por un claro 6-3 que lle garantía a medalla de bronce. Nas semifinais, Castiñeira caeu contra a deportista de Bosnia Adna Boric (12-5) e quedou fóra da final.

 

Pola súa banda, Aitana Santomé (-55, Patiño) superou no primeiro combate á turca Aydin Kubra por un rotundo (0-4). Na segunda rolda  esperaba a taekwondista serbia Nadica Bozanic e ambas ofreceron un combate moi rifado e duro que tivo que decidirse na morte súbita e  foi a favor da serbia. Bozanic logrou ao final o título de campioa de Europa Cadete en -55 quilogramos.

 

Unai Silva, bronce o sábado. Aos resultados de hoxe, hai que sumarlle o bronce acadado por Unai Silva (Mace Sport) o sábado en -57 quilogramos.

Read 1162 times
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.