Lunes, 28 Mayo 2018 00:00

Galicia, campioa de España de técnica infantil e adulta e de freestyle

Written by
Rate this item
(0 votes)

A selección galega de técnica volveu facelo. Galicia dominou de principio a fin o Campionato de España de Técnica (infantil e adulto) e de freestyle, que se celebrou este domingo en Marina D’Or. A selección galega venceu en todas as categorías e logrou a clasificación de vinte deportistas para o Mundial de Técnica.

 

Campionato de España de técnica infantil

As e os deportistas galegos da categoría infantil acadaron un total de 14 medallas (catro ouros, tres pratas e sete bronces) que levaron á selección ao máis alto da clasificación por equipos.

 

Os ouros foron para Ana Llin Shin (Han’s Horang I) en alevín feminino, Yaiza Vela (Natural Sada) en infantil feminino, e Nuria García (Escola Lucense) e Daniel Areáns (Neka) en cadete.

 

Ademais, Jessy Sun Shin (Han’s Horang I) logrou a medalla de prata na categoría benxamín feminina, Laura Álvarez (Neka) en infantil e Sara Pena (Patiño) en cadete.

 

Os sete bronces foron para: Samuel Crespo (Han’s Horang I) en benxamín masculino, Diego Fernández (Han’s Horang I) e Aitor Teijeiro (Neka) en alevín masculino, Ángela Paz (Hebe) e Francisco Ramos (Natural Sport Riveira) en infantil e Lucía Costas (Yidam) Rubén Galdó (Natural Sport Sada) en cadete.

Campionato de España de Técnica adulto

Tamén aquí Galicia logrou a primeira posición na clasificación por equipos cun total de 18 medallas (cinco ouros, cinco pratas e oito bronces).

 

En parellas 1, o podio foi totalmente galego con Andrea Vilas e Alejandro Losada (Tao) no máis alto e proclamándose campións de España. A prata foi para Alejandro Losada e Elena Varela (Neka), mentres que os bronces foron para Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) e Alicia Pérez e Jorge Posada (Tao).

 

Ademais, en parella 2, Samuel Meilán e Nerea Alamancos (Tao) volveron a amosar a súa superioridade nesta modalidade para lograr o ouro.

 

En parella júnior, Bárbara Di-Martino e Álvaro Portela (Hebe) lograron a medalla de prata a só unha décima do ouro, que era unha parella organizada pola Federación Española e na que tamén había participación galega, xa que competía Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) que, por tanto, acadou a medalla de ouro.

 

O trío júnior formado por Álvaro Portela, Gabriele Santomé e Manuel Paz (Hebe) logrou a medalla de ouro, mentres que Raquel Losada, Andrea Moscoso e Fátima Rodríguez (Tao) sumaron un  bronce. Ademais, hai que destacar o ouro acadado polo trío 2 feminino, formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez (Hebe).

 

En trío 1 masculino, Samuel Alves, Manuel Rodríguez e Jorge Posada (Tao) lograron a medalla de prata, mentres que Alicia Pérez, Aroa Montenegro, Laura Vázquez (Tao) foron bronce na categoría feminina.

 

En trío cadete Aarón Bóveda, Iago Fraga e Samuel Meilán (do Kiap e Tao) lograron a medalla de bronce. Ademais, nesta categoría Tom Fernández e Alejandro Fernández foron convocados pola Española para formar un equipo do CAR, e con esta agrupación lograron a primeira posición. E sen esquecer á parella cadete formada por Samuel Meilán e Laura González (Tao), que foi bronce.

 

Ademais, a nivel individual, Sonia Pérez (Hebe) foi prata e Sandra Gardini (Yidam) bronce, en máster 1.

 

En máster 2, ouro para Esperanza Fernández (Couto) e bronce en masculino para Óscar Rey (Kiap). En rematamos a colleita de medallas coa prata de Encarnación Quintela (Hebe) en máster 4.

 

Campionato de España de Freestyle

E finalizamos coa medalla de ouro no Campionato de España de Freestyle, onde Galicia acadou 6 ouros, 5 pratas e 3 bronces.

 

En Individual –17 anos, Manuel Paz (Hebe) logrou a medalla de ouro, mentres que Tom Fernández (Kiap) e Bárbara Di-Martino (Hebe) foron prata e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) e Celia García (Tao) acadaron sendas medallas de bronce.

 

En parella -17 anos, Manuel Paz e Barbara Di Martino (Hebe) son os actuais campións de España, con Tom Fernández e Ana Sánchez (Kiap) como subcampións.

 

En individual + de 18 anos, tamén triunfaron os galegos: Eirim Vaamonde (Yidam) e Adrián Alonso (Yidam) proclamáronse campións de España individuais, mentres que Marcos Silva (Mace Sport) foi prata masculina.

 

En parella +18, novamente dominio galego: Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) lograron a medalla de ouro, con Andrea Vilas e Samuel Alves (Tao) na segunda posición e Adrián Alonso e Sandra Gardini (Yidam), terceiros.

 

E rematamos co quinteto, no que Manuel Rodríguez, Alicia Pérez, Andrea Vilas, Samuel Alves e Alejandro Losada (Tao)  foron ouro.

 

 

Read 1593 times Last modified on Lunes, 28 Mayo 2018 12:41
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.