Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

A Universidade de Vigo logrou a medalla de prata por equipos no Campionato de España Universitario de Taekwondo que se celebrou onte sábado en Murcia. A Universidade de Vigo conseguiu un total de seis medallas individuais (1 ouro, 2 pratas e 3 bronces), mentres que o galego Borja Ríos (que acudía en representación da Autónoma de Barcelona) foi prata. En total, sete medallas para deportistas galegos neste campionato.

 

A Universidade de Murcia con tan só tres puntos de diferenza proclamouse campioa absoluta sobre Vigo, mentres que a terceira clasificada foi a Universidade Complutense de Madrid. A Universidade de Vigo leva catorce anos consecutivos sen baixar do podio neste campionato.

 

A nivel individual destacar que Pablo Fernández (-87 quilogramos, do Mat´s) logrou o ouro no seu primeiro universitario.  Así coma a prata de Francisco Padín (-68, Olimpic) que se enfrontou na final á campión olímpico Joel González. Foi un combate moi axustado e espectacular, cunha gran actuación do galego. Ao final, triunfo para Joel por 7-5. A segunda prata foir para a deportista do Mat´s Katia Calvar en -67 quilogramos. Os bronces foron para Marta Colón (-57, Mace Sport), David González (-80, As Sport) e Laura Lorenzo -46, Tao).

 

A sétima medalla galega foi para Borja Ríos (Hebe)  que logrou a prata en -63 quilogramos. O galego representaba á Autónoma de Barcelona.

Aitana Santomé (-55, Patiño) logrou a medalla de prata nos V Xogos Internacionais Infantís, que se están a desenvolver en Konya (Turquía) do 19 ao 24 de abril.  Ademais, tamén participou Tania Castiñeira (+55, Hebe), que caeu na primeira rolda.

 

Aitana Santomé (-55) gañou na primeira rolda á deportista de Azerbaiján Isayeva Shams no punto de ouro, e puido avanzar ata as semifinais na que se enfrontou á alemá Chamutal Castano, á que superou de forma clara (8-3). Na final tiña como rival a outra  deportista de Azerbaiján Nurana Ibrahimova e nesta oportunidade se lle escapou o ouro por moi pouco. Foi nun apertado combate que rematou 3-2.

 

Pola súa banda, Tania Castiñeira tiña un primeiro combate complicado contra a turca Ciftci Berra Nur. A galega non estivo cómoda e ningún momento e perdeu de forma rotunda (12-0). Agora, a aprender e traballar cara o Europeo.

 

Este torneo serviu como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva, que non foi convocado para estes Xogos porque o seu peso non estaba incluído nesta competición. Os tres deportistas proclamáronse no mes de marzo en Tarragona campións de España cadete.  

 

 

Tania Castiñeira (+55, Hebe) e Aitana Santomé (-55, Patiño) participarán nos V Xogos Internacionais Infantís, que se están a desenvolver en Konya (Turquía) do 19 ao 24 de abril.  As nosas deportistas, que xa se atopan en Turquía xunto ao resto da selección española cadete, competirán mañá.

 

E xa coñecemos os cadros de competición. Aitana Santomé (-55) terá como rival á deportista de Azerbaiján Isayeva Shams, mentres que Tania Castiñeira enfrontarase no primeiro combate á turca Ciftci Berra Nur.

 

Este torneo servirá como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva, que non foi convocado para estes Xogos porque o seu peso non estaba incluído nesta competición. Os tres deportistas proclamáronse no mes de marzo en Tarragona campións de España cadete.  

 

 

Alex Vidal (Natural Sport Riveira) logrou onte en Moldavia proclamarse campión de Europa de Parataekwondo 2015 e sumar os primeiros puntos para o ránking paraolímpico. Hai que recordar que o parataekwondo formará parte do programa paralímpico por vez primeira en Tokyo 2020.

 

Este é o segundo campionato de Europa que logra o noso deportista, que conta xa con tres campionatos do mundo no seu curriculum (2012, 2013 e 2014). Na final de onte, o galego enfrontouse con Naming Abbasov (Azerbaiján), un deportista coñecido para Alex, ao que xa gañara con certa facilidade en dúas ocasións. Pero nesta oportunidade non foi tan sinxelo.

 

Alex comezou gañando (1-0), pero Abbasov, que tiña moi estudado ao noso deportista,  logrou repoñerse e darlle a volta ao marcador (3-1). Así que tocou remontar. Pero Alex non se deu por vencido e logrou impoñerse por 11-9 no Sport Hall “Manujel de Atletism” de Moldavia.

 

Noraboa para o noso deportista!!

Monforte de Lemos acolleu o Galego escolar de exhibición, técnica e freestyle, no que participaron máis de 600 deportistas de toda Galicia.

A continuación, tedes as clasificacións.

Este sábado 18 de abril celebrarase en Monforte de Lemos (Pavillón de A Pinguela) a final galega do taekwondo escolar nas  modalidade de exhibición, técnica e freestyle. En total, máis de 600 participantes, que lograron a súa clasificación nas fases provinciais. Será a primeira vez que se reunirá no mesmo día e no mesmo lugar estas tres finais.

 

Exhibición. A modalidade de Exhibición disputarase o sábado 18 pola tarde (a partir das 17:00 horas). No Galego cadete participarán un total de 17 equipos (Tao A, B; Patiño Moaña A e B; Máis DXT Trabazos A e B; Mace Sport; Olimpic; Yidam CEIP Balaídos; Jansu; Escola Lucense de Taekwondo; Couto, Sares TKD, Maniotas Noia, Natural Sport Ribeira, Hebe e Natural Sada). En xogo está a clasificación para o Campionato de España de Exhibición. Por outra parte, o torneo infantil contará coa presenza de 17 equipos  (Patiño Moaña A, B, C e D; Tao A e B; Natural Ribeira A e B; Hebe; Olimpic; Jansu; Couto; Mace Sport; Escola Lucense de Taekwondo; Yidam-CEIP Balaídos; Máis DXT Trabazos e Natural Sada).

 

Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan  movementos, defensa persoal e acrobacias.

 

Técnica e freestyle. Pola mañá celebrarase a final Galega do taekwondo escolar na modalidade de técnica nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. En total serán 322 deportistas que acadaron a súa clasificación nas fases provinciais (o 50% mellor clasificado logrou o pase para o Galego).

 

Pola tarde (a partir das 14:00 horas) será o momento da modalidade de freestyle con 12 participantes masculinos y 15 mulleres. O freestyle é unha  modalidade de recente creación que combina a técnica, con coreografía, música e acrobacias.

 

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Estas finais serán organizadas pola Federación Galega de Taekwondo, o club Neka e o servizo provincial de Deportes de Lugo.

 

Domingo, 12 Abril 2015 00:00

Catro bronces galegos no Open de España

Galicia logrou catro bronces no Open de España G-1, que se celebrou hoxe en Pontevedra cun altísimo nivel competitivo. Lúa Piñeiro, Katia Calvar, Sabela López e Adrián Jiménez foron os galardonados galegos, mentres que os favoritos cumpriron os prognósticos e subiron ao podio. Joel González, Brigitte Yague e Rosanna Simón sairon de Galicia cun ouro na man.

O nivel dos competidores que estaban hoxe en Pontevedra amosábase sobre o tapiz. Combates de gran beleza e algunhas palizas se tiñas a mala sorte de cruzar con algúns dos olímpicos aquí inscritos. E a calidade deportiva tamén tiña o seu reflexo na grada, que estivo case chea ao longo de todo o día, e gozando co espectáculo existentes. En total 400 deportistas que loitaban por subirse ao podio nos 16 pesos (oito por categoría) e sumar puntos para o ránking mundial.

 

CATEGORÍA FEMININA

-46 quilogramos: Neste peso, Galicia tiña a tres galegas. Ruth Tilve perdeu no primeiro combate fronte a belga Maryam Simaili por 2-5, mentres que Laura Lorenzo superou a primeira rolda contra Emily Kaii-Ziegler por 3-6. Na segunda rolda, Laura tivo que enfrontarse a mesma belga e caeu no ponto de ouro, tras rematar o combate con empate. Pola súa banda, Alba Caamaño do Suh Sport logrou unha vitoria no primeiro combate fronte a austriaca Bianca Scurry (6-1), pero caeu no segundo contra Exipto (5-9). O ouro foi para a española Fedia Farhani.

-49 quilogramos: Neste peso logrou o triunfo a gran favorita, a campioa olímpica Brigitte Yague. Por parte galega, competiu Beatriz Parada que gañou o primeiro combate con facilidade (5-1) e caeu no segundo contra Exipto plantado cara (9-12).

-53 quilogramos: Participación da galega Sheila Fernández, que caeu na primeira rolda contra a británica Charlie Maddock. Triunfo para a española Tania García que superou na final á canadiense Charlotte Brown (6-4).

-57 quilogramos: Sara García e Marta Iglesias competían neste peso, pero ambas quedaron eliminadas no primeiro combate. Ouro para a española Eva Calvo (número 1) que gañou no último combate á estadounidense Devon Lewis (5-0).

-62 quilogramos: Triunfo para a madrileña Marta Calvo, que non partía como a gran favorita. Superou na final á británica Rachelle Booth (3-6).

-67 quilogramos: Dúas galegas entre as competidoras e ambas con gañas de acadar bos resultados. Lúa Piñeiro superou con facilidade á primeira primeira rival, a deportista da Federación de Baleares, Leonor García (23-4). En cuartos tiña un complicado combate fronte a británica Lauren Williams e cumpriuse o guión esperado. Durísimo enfrontamento que se decidiu no último segundo do punto de ouro, nunha acción con suspense que parecía non querer subir ao marcador. Ao final, 1-0 e xa nas semifinais, onde tiña á eslovena Franca Anic (levou o ouro) e coa que perdeu 4-0) e non puido plantarse na final.

E Katia tamén nos traía alegrías en Pontevedra. Gaña o primeiro combate de forma xusta (01-0) contra a deportista de Costa Rica, para nos cuartos arrollar a Laura Saez (10-0). Na semifinal, derrota contra á representante de Exipto (9-6) nun interesante combate. Así, dous bronces para as galegas Katia Calvar e Lúa Piñeiro.

 

-73 quilogramos:  Sen galegas, triunfo da británica Bianca Walkden.

+73 quilogramos: Foi un dos primeiros metais galegos confirmados na tarde de onte. Sabela López logrou a medalla ao superar nos cuartos de final a Nacha Peñalver por 0-3. Nas semifinais, tivo a mala sorte de  cruzarse coa campioa do mundo Rosanna Simón, que foi superior (9-0). Bronce para a galega e ouro para Rosanna, que gañou a final a alemana Lorena Brandl (7-3).

 

CATEGORÍA MASCULINA

-54 quilogramos: Espectacular actuación a do deportista do Natural Sport, Adrián Jiménez. Eliminou no primeiro combate ao alemán Alexander Mueller (8-15), na segunda rolda gañou a Mourad Laacharaoui (10-8) e nos cuartos superou ao cabeza de serie número 5, Carlos González Correa por un rotundo (0-9). Na semifinal, derrota contra o irlandés Jack Woolley (16-8), que precisamente eliminara na primeira rolda a Miguel Cobas. Ouro para Jesús Tortosa.

-58 quilogramos: Poucas posibilidades galegas neste peso, a pesar de ter un nutrido grupo de participantes. Sólo Miguel Murás (Natural Sport) logrou avanzar na primeira rolda tras superar ao polaco Mathias Jambor (5-8). Pero no seguinte combate caeu fronte a Samuel González. O resto dos galegos (Sergio Álvarez, Andrés Álvarez e Álvaro García) non superaron o primeiro reto. Vitoria do arxentino Lucas Guzmán, número 1.

-63 quilogramos: Foi un dos pesos con máis competidores (37) e dun altísimo nivel, coma o exipcio número 1 do ranking Mohamed Asal ou o campión olímpico Joel González. E entre eles dous galegos que cumpriron cunha boa actuación. Borja Ríos gañou no primeiro combate ao británico Chirtopher Cocker por 6-4 (todo se decidiu nun precioso último asalto) e tivo a mala fortuna de cruzarse con Joel na seguinte rolda. Caeu por 0-4. Pola súa banda, Luis Reiriz gañou ao representante de Porto Rico (10-14) e caeu fronte ao portugués Nuno Costa (número 6 do ránking) por 3-8. Coma era de esperar, ouro para Joel González.

-68 quilogramos: O peso máis concurrido con 45 deportistas. Varios galegos, pero só puido avanzar Francisco Padín, que gañou de forma contundente o primeiro combate contra o australiano Jordon Purchase (15-2). Despois caeu fronte ao número 3 do ranking, o británico Martin Stamper, medallista europeo e mundial. Álvaro García e Roi Pazos non superaron a rolda inicial.

-74 quilogramos: Outro peso con moitos deportistas (40). Desta forma, Juan Fernández, que logrou gañar dous combates, aínda así quedou   sen   podio. No primeiro superou con gran facilidade ao noruego Bendik Oeyan (0-9) e posteriormente eliminou ao ruso Viachesñav Minin por un apertado 2-1, que se decidiu no último segundo. Pero no terceiro cruce, quedou fóra do Open tras cruzarse co español Rubén Núñez, que gañou por 4-1. Xián Silva non puido participar finalmente por lesión e Raul Cancelas caeu contra o británico Benjamín Haines. Iván Sangiao e Óscar Penín quedaron no primeiro chanzo do torneo. Ouro para Raul Martínez.

-80 quilogramos: O galego Iván García logrou unha vitoria no primeiro enfrontamento do día contra o representante noruego (7-8), pero caeu despois contra o belga Arber Bajra por un apertado 8-7. Pola súa banda, David González perdeu  no primeiro combate fronte a un alemán. Final española entre Oussama Oueslati e Daniel Quesada, con triunfo do primeiro.

-87 quilogramos: Os dous galegos participantes (Pablo Fernández e José Real) non superaron a primeira rolda. O primeiro posto foi para o venozolano Carlos Rivas.

+87 quilogramos: Sen representación galega, o triunfo foi para o deportista de Gabón Anthony Obame.

 

 

Galicia logrou cinco medallas de bronce no Open de España júnior de combate, que destacou polo altísimo nivel dos competidores. Foi un torneo moi duro e competido, con deportistas de todo o mundo. Por exemplo, para os competidores alemás era fundamental ter un bo resultado en Pontevedra, porque estaba en xogo a clasificación para o Mundial. Máis de catrocentos deportistas competiron hasta case a medianoite polas medallas do Open de España.

Así, as medallas galegas foron para Miryam García (-63, Patiño), Lara Pazos (-63, Mat´s), Ainhoa Boubeta (68, Patiño), Miguel Orro (-48, Natural Sada) e Anxo Fernández (78, Arte e Movemento).

 

 

Galicia (entre a selección e a participación dos clubs) logrou un total de 23 medallas (5 ouros, 5 pratas e 13 bronces) no Open de España de combate da categoría cadete que se celebrou na mañá de hoxe no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Hai que destacar os magníficos resultados do equipo feminino galego, xa que nos dez pesos existentes, houbo catro ouros.

A mañá resultou moi espectacular, xa que os máis pequenos non son conservadores nas súas accións, polo que os combates suelen resultar moi entretidos e con marcadores altos. Os ouros foron para Arlet Ortiz (-51) que fixo unha competición espectacular. En cuartos eliminou á actual campioa de España e continuou con paso firme e sen sufrir ata a final, onde foi moi superior á catalá Yaiza Ferre.

Tamén acadou o primeiro posto Aitana Santomé (-55), nun peso no que o podio tivo a tres galegas. Xunto a Aitana, recolleron as medallas de bronce Celia Losada (Taekanart) e Zaira Vázquez. Asimesmo, Alma Pérez (-44) logrou a medalla de ouro e compartiu podo coa tamén galega Leticia Trigo, que foi bronce. E o terceiro ouro galego feminino foi para Tania Castiñeira (+59), que tamén foi campioa de España este ano.

Na categoría feminina houbo máis preseas. No peso -59 quilogramos, as galegas lograron tres: Unha prata (Alba Vidal) e dous bronces (Carla Muñiz e Silvia García). En -29, tamén sumamos dous bronces galegos que foron para Nerea Piedras e Elena Currás.

 

Categoría masculina. En chicos o ouro foi para o deportista do Mace Unai Silva, en -57 quilogramos, e na final tivo que enfrontarse a outro galego, Noh Pereira. Ademais, o bronce foi para Rodrigo Varela do Luar.

 

En -65 quilogramos, a prata foi para Brais Guardado e o bronce para Víctor Posada, mentres que no peso pesado tamén houbo prata (Brian Franco) e bronce (Moisés Cameán) galegos. Completamos o medalleiro galego coa prata de Sergio Iglesias en -61 e os bronces de Sergio Gonzalo (-53), Alejandro López (-37) e Luis Silva (-33).

 

Clasificación por equipos. Na clasificación xeral por equipos España logrou a primeira posición por diante de Alemaña (prate) e Gran Bretaña (bronce). Na categoría masculina o primeiro posto foi para Alemaña e na feminina para España.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galicia logrou magníficos resultados nas modalidades de exhibición e freestyle na primeira xornada do Open de España que se está a disputar en Pontevedra.

 

Así, en exhibición adulta o Yidam CEIP Balaídos de Vigo logrou a medalla de ouro por diante de Mace Sport; mentres que en infantil canbiaron as posicións: O ouro foi para O Mace Sport e o segundo posto para o Yidam. E a medalla de bronce foi para Club TKD Molero da territorial catalá o cuarto, Sada.

 

Freestyle. Nesta modalidade de recente creación, a Federación Galega de Taekwondo e os seus clubes están a facer un gran traballo. No freestyle combinase a técnica, coa música e acrobacias polo que resulta moi espectacular cara ao público, tal e como puido contemplarse hoxe no IMD de Pontevedra.

 

Desta forma, Galicia logrou un total de 16 preseas (2 ouros, 5 pratas e 9 bronces). Destacan os ouros que foron para a parella do Tao formada por Andrea Vilas e Anxo Costa na categoría de parellas de -17 anos e o quinteto do Tao (Nerea Alamancos, Ingrid Gómez, Alejandro Losada, Samuel Meilán e Manuel Rodríguez) na categoría de máis de 18 anos.

 

Página 52 de 55